InicioEconomíaO alcalde de Cervo anuncia o seu apoio a unha folga xeral...

O alcalde de Cervo anuncia o seu apoio a unha folga xeral contra o peche da gran industria galega

Villares considera que o paro plantexado para o 16 de outubro é "obrigatorio" ante a situación da planta de San Cibrao, que "corre o mesmo risco que Endesa"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, animou este luns a unha folga xeral en toda Galicia, en defensa das plantas de Endesa nas Pontes e da de Alcoa en San Cibrao.

Ante esa posibilidade aberta de convocar un paro o 16 de outubro, asegurou que “absolutamente” secundará esa “gran mobilización” na comunidade galega se se produce. “Faise obrigatoria e urxente unha protesta de toda a sociedade galega. É algo indecente o que fai o Goberno e claro que vou apoiar calquera mobilización que haxa e animo a todo o mundo a que as secunden”, dixo.

CRÍTICAS AO GOBERNO CENTRAL

“Estamos nunha situación que é case precatastrófica por non dicir catastrófica, pecha As Pontes que son máis de 600 postos de traballo e de Alcoa levamos meses dicindo que hai que moverse porque corre o mesmo risco que Endesa”, alertou.

Fronte a isto propón que “toda a sociedade civil se mobilice. Témonos que marcar urxentemente e dicir a quen ten as competencias que é Madrid, que é o Goberno central, que as decisións que toma están a prexudicar a Galicia e iso témolo que ter todos moi claro, porque estamos a falar de que van pechar empresas”, abundou.

25 CONCELLOS, ENTRE ELES VIVEIRO, PIDEN “AUXILIO”

O Concello de Viveiro foi un dos 25 gobernos locais das provincias da Coruña e Lugo asinantes este luns en Ferrol dunha declaración institucional para pedir “auxilio” ás Administracións ante a situación de “emerxencia industrial” en Galicia.

Representantes dos 25 gobernos locais asinantes. AXM

Na reunión mantida déronse cita alcaldes ou responsables de goberno de diferentes partidos dos municipios coruñeses das Pontes, Ferrol, Pontedeume, Neda, Mugardos, Ortigueira, Cedeira, Cerdido, A Capela, As Somozas, San Sadurniño, Fene, Cariño, Valdoviño, Moeche, Cabanas, Ares, Narón, Miño, Monfero e Mañón, ademais dos lucenses de Muras, Xermade, Vilalba e Viveiro.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...