InicioEconomíaAlcoa San Cibrao, o xogo das multinacionais e a indecisión política

Alcoa San Cibrao, o xogo das multinacionais e a indecisión política

O pasado martes nove de outubro 3.000 persoas en Xove pedían solucións para Alcoa San Cibrao. A multinacional alumineira volve a pór en risco postos de traballo e a riqueza de toda a provincia. A factura da luz aparece outra vez como o elemento discordante. Os traballadores esperan un goberno en firme logo das eleccións do 10N.

Publicada o

- Advertisement -

San Cibrao era a aldea que medrou en paralelo coa instalación da dobre factoría de aluminio e alúmina. Logo de ser propiedade pública, Inespal, todo o grupo de empresas públicas do aluminio en España pasou a mans de Alcoa, multinacional procedente de Estados Unidos.

Pero, tras o acontecido coas factorías da empresa norteamericana na Coruña e Avilés, agora propiedade de Parter, San Cibrao recibe o mesmo aviso. A sección de aluminio está no límite se acaso os prezos da enerxía non se reducen. “Pagamos a 55 euros o megavatio (MW) e países como Francia ou Alemaña pagan 35, e temos que competir con eles” din fontes do comité de empresa. A factura eléctrica volve ser o cabalo de Troia que Alcoa presenta para poñer as súas condicións sobre a mesa.

ENCLAVE NO NORTE

En 1979 ábrense as actuais instalacións, daquela chamadas Alúmina-Aluminio, por seren dúas plantas diferentes aínda que unidas para alimentar unha á outra. Alúmina producía o pó branco que recebe ese nome e que logo en cubas de electrolise se transforma en aluminio fundido. Esta fábrica, única en toda España naquel momento, rendía e rende por fornecer de materia “prima” a outras alumineiras. A apertura da factoría no norte de Lugo supuxo que dun día para outro unha comarca realmente pobre, pasase a crear ela soa case a metade da riqueza de toda a provincia durante moitos anos. Hai alternativas hoxe en día a Alcoa? De momento non.

Esta factoría crea o 33% ca riqueza da provincia de Lugo, na Mariña supón moitísimo máis, a renda per cápita dos concellos desta comarca son altas. Se desaparece, sería un verdadeiro desastre” describe Xosé Paleo, presidente do comité de empresa e membro da CIG.

O PRIMEIRO ANO CON PERDAS EN CATRO DÉCADAS?

Os beneficios a día de hoxe estarían entrando pola factoría de alúmina, mentes que a fundición e electrolise para o aluminio sería por onde escaparía o diñeiro. Esa é a filosofía da empresa “agora mesmo, este ano que aínda está por pechar o balanzo, a empresa prevé que a parte de alúmina dea beneficios, en aluminio, mentres non baixe o prezo da enerxía, a cousa pode ser distinta”, di Paleo.

Aínda así, o rendemento da alúmina podería non ser abondo nun futuro. “O que é todo o centro industrial, podería ser este o primeiro desde hai 40 anos que deran perdas os dous centros de traballo”.

“Esta situación levámola vivindo desde hai sete anos, o que pasa agora é un cambio estrutural no sistema eléctrico español” di Juan Antonio Zan, de CC OO. “Alcoa si fixo investimentos, mais non todos os que debera”, asegura, apuntando tamén aos planos industriais en toda España. “Non podes pedir uns prezos de enerxía como os que hai e logo uns planos de viabilidade e permanencia”, remarca.

A SITUACIÓN POLÍTICA

“De momento descoñecemos o camiño que tomará o estatuto das electrointensivas” di Jorge Fernández de UGT. “A cuestión é que nos din que non se pode aprobar dito documento cun Goberno en funcións e estamos á espera de que saia un Executivo con maioría logo das eleccións”. En caso de que non saíse un goberno con maioría, Fernández sinala que estarían atentos aos pactos que puidesen saír. “E non nos fiamos dos pactos que podan facerse”.

A ENERXÍA

A factura eléctrica para empresas como a de Xove-Cervo e en toda España supón un peso difícil de mover por culpa dos prezos. “Agora mesmo a factura en España por Mw/hora está por riba de 50 euros, nós queremos que estea por debaixo dos 40 euros” di Xosé Paleo. Cunhas condicións de prezos así a competencia con países coa enerxía máis barata é moi difícil. Os prezos mídense no LEM, o mercado de Londres para o aluminio.

“Por que as grandes fábricas de aluminio está implantadas en países do norte, como Noruega ou Canadá? Porque teñen moita auga e a enerxía hidráulica é moi barata”. declara José Antonio Zan. “O que si esiximos ao Goberno central é que nos coloque un prezo como os demais países da UE”. Segundo as contas que bota o sindicalista de CC OO, coa diferenza de prezo na enerxía entre Francia e España, estaríanse perdendo 70 millóns de euros cada ano. “A diferenza é de 20 euros por Mw, se os multiplicas por 3,5 millóns de Mw que consumimos nós cada ano, son setenta millóns de euros por ano”.

“O problema co precio da electricidade neste país, que a dous meses e medio aínda non sabermos cal será ese precio a un de xaneiro de 2019, non se pode facer ningún investimento” sinala Jorge Fernández. “Cando teñamos un prezo competitivo hai que esixirlle á industria investimentos, antes non”.

EXPORTACIÓN DA ALÚMINA

“A alúmina este ano en concreto non dará perdas, o mercado fluctúa e ao mellor os beneficios que dá non compensan as perdas que hai, iso é o que nos dá medo”, describe Xosé Paleo. A cuestión é qu Alcoa fixo investimentos na parte de alúmina, máis que na parte de aluminio. As causas son que a empresa non inviste alí onde cre que non van retornar os investimentos realizados.

A cuestión é que segundo os datos que manexa o comité de empresa, a factoría do norte de Lugo, se non fose polos prezos eléctricos, é a terceira máis eficiente de todo o grupo Alcoa. Aínda así, se se pregunta por que a enerxía para o sector industrial, considerado estratéxico, é tan cara, os traballadores son conscientes que as grandes eléctricas son as que teñen todo por dicir.

Zan di que “o problema non é se alúmina é rendible ou non, o problema é que durante moitos anos, por causa do sistema de xestión de Alcoa, aluminio foi rendible e alúmina non”. Esta situación explicada polo membro de CC OO retoma o do mercado internacional. Segundo explica, Alcoa tiña uns acordos coas plantas de aluminio “a nivel mundial polo que vendía a alúmina a un tanto por cento por debaixo do valor no Mercado de Aluminio”, vendía a alúmina por debaixo dos prezos de mercado. Así as vendas a outras plantas alumineiras estaban garantidas. A venda de aluminio en teoría compensaba o que non se ingresaba do outro lado.

PARADA DE CUBAS

As fluctuacións de mercado tamén son apuntadas por Fernández no caso da alúmina. “Si, dará bos resultados este ano, mais agora está perdendo diñeiro por cuestións de mercado”. Se as contas dan números vermellos “porque pode que este ano sexa o primeiro no que as contas non dean”, poderían traducirse en recortes de persoal. “Non, polo de agora a redución da produción que foi dun 11,25%, todo iso non afectou ao emprego, mais sen unha solución rápida, igual temos que parar máis cubas de produción”. Actualmente as cubas paradas para electrolise son 32 dun total de 512.

AFECTADOS

Directamente dúas mil familias poden estar dependendo da factoría, indirectamente toda a comarca, porque é o eixo económico para 80.000 persoas en toda a área” di Paleo. Tendo isto en conta, están os poderes políticos locais e provinciais do lado dos traballadores? “Así o entendo, quen mellor sabe o que pasa son os alcaldes, cando veu a ministra de Industria, quixemos que falase cos alcaldes do seu partido para que puidera ser consciente do que acontece”.

“Sen industria non se pode soster un país”, di Zan. “Desde a Unión Europea presentouse o Plan Juncker que apunta que os países da UE deben ter un 20% de industria”. En España o peso da industria é dun 16% “e non se está facendo nada para mantelo”.

TRINTA AUXILIARES, PENDENTES

Diante dunha situación onde houbo que baixar o ritmo de produción para poder afrontar os prezos da enerxía, o temor é que máis adiante as medidas que tome Alcoa “si afecten ao emprego, e cremos que non van tardar en tomala nun consello de administración da outra banda do Atlántico” sinala Fernández. “Mil familias directas estarían afectadas polo que sucede en Alcoa, máis as ligadas ás empresas auxiliares que serían outras mil”. As auxiliares serían trinta empresas.

Todos coinciden en que os prezos da enerxía para a fabricación de aluminio son o grande lastre que leva a planta de Cervo-Xove. O mesmo que as demais industrias electrointensivas. E a isto súmase a fluctuación do mercado do aluminio, que pode deixar en números vermellos a empresa de non cubrir custes. O resultado das eleccións do 10-N dirá se se aproba rapidamente o estatuto das electrointensivas e se se pode saír da situación que vive agora mesmo a fábrica de Alcoa. Pero, por agora, todo son dúbidas, incerteza e moito temor a un futuro moi negro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...