InicioEconomíaAlcoa, que elude pronunciarse sobre recortes, amosará este mércores as contas anuais...

Alcoa, que elude pronunciarse sobre recortes, amosará este mércores as contas anuais e previsións para 2020

A dirección da multinacional ofrecerá datos "pouco favorables" nunha reunión co comité europeo en Madrid, na que os sindicatos preguntarán polo plan de axuste anunciado

Publicada o

- Advertisement -

Representantes sindicais de Alcoa en toda Europa analizan en Madrid entre este martes e mércores o futuro das factorías da multinacional nun comité europeo coa ameaza sobre os traballadores do recente anuncio de recortes realizado pola dirección da empresa.

No marco dos traballos previos tivo lugar unha videoconferencia coa dirección da empresa en Europa e Oriente na que se tentaron coñecer os detalles e repercusións do anuncio de recortes realizado pola multinacional, que segundo os sindicatos “esquivou dar unha resposta alegando que as medidas non están decididas“.

Con todo, a firma norteamericana adiantou que ese mércores dará a coñecer os resultados económicos deste ano e as previsións para o vindeiro exercicio. Unhas contas que avanzou que son “pouco favorables“.

A dirección anunciou un plan de axuste para cinco anos con recortes de produción e posibles peches de plantas, ademais de desinvestimentos de activos non estratéxicos, o que espertou o temor dos traballadores, que nas últimas semanas realizaron varias protestas para esixir un abaratamento da enerxía eléctrica que favoreza a continuidade do complexo industrial de San Cibrao.

INTERROMPIBILIDADE

Outro asunto sobre a mesa é a poxa de interrompibilidade que se celebrará, se non hai cambios, o vindeiro mes de decembro; sobre ela tamén está previsto que informe este mércores a dirección.

Así mesmo, o 20 de novembro, previsiblemente, os sindicatos procederán á renovación dos cargos do comité europeo, que preside José Luis Combarro (UXT), da planta de San Cibrao, a única que ten Alcoa en España trala venta de Avilés e A Coruña. A vindeira concentración será en Foz o 4 de decembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...