InicioEconomíaO Pleno de Lourenzá pide ás administracións "protección" para os traballadores de...

O Pleno de Lourenzá pide ás administracións “protección” para os traballadores de Muebles Hermida

As tres forzas da corporación lembran que é "a segunda vez en dez anos" que a empresa, "malia as importantes subvencións recibidas", se ve nunha situación "semellante"

Publicada o

- Advertisement -

O Pleno de Lourenzá tomou o acordo unánime de pedir ás administracións autonómica e provincial –Xunta de Galicia e Deputación de Lugo– a súa “implicación directa e total” para buscar unha solución ante a crise que atravesa Muebles Hermida, que se debate entre a venta ou o concurso de acredores.

As tres forzas políticas que compoñen a corporación municipal –PSdeG-PSOE, PP e BNG– piden “unha protección especial” por parte dos gobernos autonómico e provincial para os arredor de cen traballadores da empresa, que levan tres meses sen cobrar. “Cómpre lembrar que é a segunda ocasión en menos de dez anos que Muebles Hermida pasa por unha situación semellante a pesar das importantes subvencións recibidas, sendo en todos os casos os obreiros a parte máis feble desta cadea”, sinalan.

Segundo precisou a rexedora, a socialista Rocío López, as forzas que asinaron o acordo dirixirán un documento conxunto a Xunta e Deputación “pedindo o apoio ante a gravidade da situación que atravesan os traballadores”.

Corporación municipal de Lourenzá. AXM

O acordo institucional mostra o “apoio unánime” das tres forzas políticas con representación no Pleno “ás reivindicacións do comité de empresa e dos traballadores de Muebles Hermida” ante “a difícil situación na que se atopan, tratando de ofrecer algunha solución temporal e puntual ante as necesidades básicas que poidan xurdir ata a solución do conflito”.

Asistiu numeroso público á sesión plenaria, e representantes do PSdeG-PSOE e do BNG do veciño municipio de Mondoñedo tamén mostraron o seu respaldo no pleno.

SEMANA CHAVE

Esta semana pode ser chave para o futuro de Muebles Hermida, dado que a dirección dispón dalgunhas ofertas e estuda a venta. Os sindicatos concentráronse ao longo dos últimos días para protestar por impagos de tres meses, e reclamaron un cambio na dirección para facilitar a continuidade da fábrica.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...