InicioEconomíaJavier Reigosa é o administrador concursal de Muebles Hermida

Javier Reigosa é o administrador concursal de Muebles Hermida

O economista comprometeu aos sindicatos manter unha reunión cunha entidade bancaria "o antes posible" para "ver se se pode desbloquear a situación e poder pagar"

Publicada o

- Advertisement -

O economista lucense Javier Reigosa Cubero foi designado este mércores ao mediodía polo Xulgado do Mercantil de Lugo como administrador concursal da empresa Muebles Hermida, que a pasada semana solicitou o concurso voluntario de acredores ante a situación económica da firma de Lourenzá.

Este mesmo mércores, a última hora da tarde, o administrador concursal mantivo unha reunión coa dirección da firma e co comité de empresa, na que os representantes dos 95 traballadores de Muebles Hermida solicitaron que se faga fronte a algunha das tres mensualidades adebedadas ao persoal, que serán catro o vindeiro 15 de decembro.

Segundo precisou o presidente do comité de empresa, Manolo Franco, Reigosa comprometeu manter unha reunión cunha entidade bancaria “o antes posible” para “ver se se pode desbloquear a situación e poder pagar“.

Os traballadores volverán este xoves aos seus postos, onde están a notar “a escaseza de material”. A situación económica do persoal “é moi delicada”, segundo explicou o propio presidente do comité, despois de case catro meses sen cobrar e a poucos días do Nadal.

PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO CON “OPTIMISMO”

Franco explica o administrador concursal amosouse “optimista” na primeira toma de contacto de cara a “tentar reflotar a situación”. O sindicalista valorou a premura á hora de entrevistarse cos representantes dos traballadores, pois Reigosa foi designado “unhas poucas horas antes, ao mediodía“.

Nun prazo dun mes, o administrador concursal deberá realizar un informe que servirá de diagnose da situación económica e patrimonial da firma, así como do volume da débeda, ofrecendo un anticipio do que pode ocorrer coa empresa, ben a posibilidade de negociar convenios cos acredores ben a liquidación.

O comité -con dous delegados da CIG, sindicato maioritario, outros tantos da UXT e un independente- non se reunirá en principio nos próximos días, dado que se aparca de momento calquera tipo de medida á espera de como evolucione a situación. “Esperaremos a ver que se move e se se pode pagar”, indica Franco.

REUNIÓN DE PARTIDOS, SINDICATOS E DIRECCIÓN

Si haberá unha xuntanza, con data aínda por concretar aínda que previsiblemente esta mesma semana, coas tres forzas políticas da corporación –PSdeG-PSOE, PP e BNG– e a dirección da empresa. Os voceiros dos tres partidos con representación no Concello asinaron días atrás unha solicitude a Xunta e Deputación de Lugo para que medien no conflito a prol dun plan de viabilidade, a condición de que se paguen os salarios adebedados ao persoal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...