InicioEconomíaO persoal de Reymogasa comezará este mércores as protestas ao non aceptar...

O persoal de Reymogasa comezará este mércores as protestas ao non aceptar Dominion o convenio

Os obreiros da auxiliar de Alcoa cortarán a entrada ao complexo industrial a primeira hora da mañá para reclamar a subrogación de 65 empregados coas mesmas condicións laborais

Publicada o

- Advertisement -

O persoal de Reymogasa comezará este mércores o seu calendario de protestas despois de que a reunión mantida na tarde deste martes entre os sindicatos e Dominion I & I, empresa adxudicataria do novo contrato de mantemento mecánico no departamento de dixestión de alúmina, no complexo industrial de Alcoa, rematase sen acordo para a subrogación de 65 traballadores.

O comité de empresa reclama á nova concesionaria do servizo que asuma os 65 empregados coas mesmas condicións laborais que tiñan en Reymogasa. Do contrario, entenden que se estará a vulnerar os dereitos laborais conquistados no convenio.

“Non houbo acordo e comezaremos as mobilizacións que tiñamos prevista”, explica o presidente do organismo de representación dos traballadores, Javier Prado. O sindicalista critica que “mesmo Dominion I & I descolgouse cunha esixencia, a de que os traballadores subrogados non fagan folga nun prazo de seis meses“. Deste xeito, Prado insiste en que se non hai acordo a adxudicataria “non poderá prestar o servizo desde o vindeiro día 20, tal e como está previsto”.

O persoal de Reymogasa, que desde a semana pasada renuncia a realizar horas extras, marchará este mércores da nave da empresa á portería de Alcoa, de 5.00 a 8.00 horas, cortando o tráfico á entrada do complexo industrial de alúmina e aluminio. Repetirá esta protesta os días 16 e 17, de non haber acordo, e o día 20, xornada na que está previsto que entre en vigor o novo contrato, fará folga.

Dirección de Dominion I & I e comité de empresa de Reymogasa reuniranse de novo este mércores, trala protesta dos traballadores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...