InicioEconomíaA plataforma das auxiliares de Alcoa chama a participar na manifestación de...

A plataforma das auxiliares de Alcoa chama a participar na manifestación de Lugo

A coordinadora insta a mandar "unha mensaxe forte e clara" ao Goberno central para que atenda as alegacións presentadas ao estatuto das electrointensivas

Publicada o

- Advertisement -

plataforma sindical das empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao anunciou o seu “total apoio” á manifestación convocada polo comité do complexo industrial cervense para o vindeiro dia 26 de febreiro en Lugo.

Deste xeito, o colectivo fai un chamamento a todas as empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao a secundar a manifestación.

O colectivo sostén que “estamos na recta final do proceso de alegacións ao estatuto das empresas electrointensivas, e debemos mandar unha mensaxe forte e clara ao Goberno do Estado para que atenda as reclamacións feitas dende os diferentes sindicatos. A unión daranos a forza”, conclúen.

REUNIÓN

Os sindicatos das auxiliares agradecen ao comité de Alcoa que os animase a respaldar a protesta e tamén o convite realizado “pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo” para “participar na reunión conxuntamente” que se manterá co organismo de representación dos traballadores do complexo industrial sancibrense, valorando que se “recoñeza así” aos obreiros das empresas que traballan para as plantas de alúmina e aluminio, que reivindican que San Cibrao ten “2.000 empregos directos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...