InicioEconomíaO comité de Alcoa: "ao Goberno só lle queda lexislar"

O comité de Alcoa: “ao Goberno só lle queda lexislar”

Os sindicatos din que "se a oposición apoia un marco competitivo", en alusión á visita de Casado, o Executivo "non pode máis que aceptar as alegacións" ao estatuto das electrointensivas

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan (CC OO), asegurou trala reunión mantida co presidente do Partido Popular (PP), Pablo Casado, que “ao Goberno só lle queda lexislar“.

O sindicalista insistiu en urxir ao Executivo central a que aprobe as alegacións presentadas ao borrador do estatuto das empresas electrointensivas tanto polas centrais sindicais como polas Autonomías de Galicia, Asturias e Cantabria.

Tras anunciar Casado en San Cibrao que o PP respaldará a aprobación do estatuto das electrointensivas de presentarse “en marzo” e de “incluír” as alegacións presentadas ao documento, Zan expuxo que “se o principal partido da oposición vai apoiar calquera marco enerxético que nos sitúe entre os 35 e os 40 euros o megavatio/hora (Mwh), que aínda estaría por riba de Europa pero que nos faría competitivos, o Goberno o que ten que facer é aceptar as reclamacións para dar un futuro ao sector electrointensivo”.

O presidente do comité de empresa do complexo industrial de San Cibrao sostivo que “só pedimos ao Executivo que faga o que fan no resto dos países. Sen un marco enerxético estable e competitivo, haberá cementeiras ou cerámicas, pero non empresas electrointensivas“.

OS LAZOS AZUIS CHEGARÁN ESTE VENRES A BURELA

Os traballadores continuarán este venres en Burela, tras pasar por Xove, San Cibrao e Viveiro, a campaña de lazos de cor azul eléctrico coa que aspiran a concienciar sobre a situación da planta de aluminio, ameazada de peche por Alcoa sen un abaratamento da electricidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...