InicioEconomíaO comité de empresa esixe a Alcoa que rectifique a súa decisión...

O comité de empresa esixe a Alcoa que rectifique a súa decisión de non reparar as cubas

Os sindicatos consideran que a multinacional busca "aos poucos" a "paralización" da produción e reclaman a convocatoria da mesa multilateral para o futuro de San Cibrao

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O comité de empresa da factoría que a multinacional Alcoa ten en San Cibrao expresou a súa “total repulsa” á decisión da empresa de non reparar “temporalmente” as cubas que cheguen ao final da súa vida útil, así como de reducir a só “o imprescindible” os traballos de mantemento na factoría, para aforrar custos por mor da crise industrial provocada polo Covid-19.

Desde o seu punto de vista, trátase dunha medida “arbitraria” e “interesada” por parte da multinacional, que busca “aos poucos” a “paralización da factoría”.

O comité esíxelle á empresa que “paralice” esas medidas de forma inmediata, ademais de expresar “o seu total apoio” aos traballadores das empresas auxiliares afectados por esas decisións da empresa, dado que o feito de non reparar as cubas que cheguen ao final da súa vida útil podería supoñer que uns 50 empregados queden de forma inmediata na rúa.

Así mesmo, o comité de empresa solicita unha reunión con representantes da Xunta de Galicia e a convocatoria da “mesa multilateral de Alcoa en San Cibrao”.

A MULTINACIONAL REXEITA PRORROGAR O CONVENIO

Por outra banda, o comité informou de que a empresa negouse a prorrogar o convenio que estivo en vigor ata decembro de 2019, tal e como pedían os representantes dos traballadores, para evitar a “inestabilidade” dun proceso de negociación neste momento, ademais de denegar “o contrato de relevo ata xuño de 2021”.

RENUNCIA A FACER INDEFINIDO AO PERSOAL

Tampouco aceptou incluír no persoal, con contrato indefinido, aos traballadores “temporais” que operan na factoría, “tanto ao que xa tiñamos acordado na acta do 28 de febreiro de 2019, como a todos aqueles avaliados como aptos posteriormente, así como á creación dunha bolsa de emprego para obreiros da Mariña co fin, ambas peticións, de reactivar a economía da comarca”.

TESTS E SEGURIDADE LABORAL

No tocante ás actuacións fronte ao coronavirus, iniciouse a segunda fase do control de temperatura, que se aplica xa aos contratistas. O comité de empresa de Alcoa sinala que por agora non hai unha data para que a terceira parte, a aplicación desta medida aos traballadores, se faga efectiva.

A multinacional desbota facer tests, petición do persoal. Finalmente, non se contempla a adquisición dunha cabina de desinfección para os traballadores á saída da fábrica.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...