InicioEconomíaSindicatos e Reymogasa comezarán o venres a negociación do Erte

Sindicatos e Reymogasa comezarán o venres a negociación do Erte

O comité estuda a proposta da auxiliar; en Cyrgasa non hai por agora comunicación formal

Publicada o

- Advertisement -

Sindicatos e dirección de Reymogasa iniciarán o vindeiro venres o período de consultas do Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) presentado pola auxiliar de Alcoa, despois de que a multinacional anunciase que renuncia a rebrascar as cubas de electrolise da planta de aluminio, isto é, reparar aquela maquinaria que chegue á fin da vida útil.

O presidente do comité de empresa de Reymogasa, Javier Prado, expón que por agora a empresa ofreceu documentación, a media tarde deste mércores, pero non aclarou aos obreiros que tipo de Erte pretende aplicar. A previsión dos sindicatos é que a proposta supoña a suspensión do contrato de 30 traballadores durante un período mínimo de catro meses e dun máximo de seis.

“Estudaremos estes días os documentos e veremos que nos poñen sobre a mesa”, remarca Prado, que precisa que “cinco representantes do comité” participarán nas negociacións, ademais dun asesor sindical “por central” (CC OO, CIG e UGT).

Prado remarca que despois de anos de incerteza sobre a planta de aluminio polo prezo da enerxía, “A Mariña xa está afectada de forma concreta, xa falamos duns 50 traballadores -outros 13 son os afectados noutra auxiliar, Cyrgasa– e hai xente que entra de Cervo, de Burela, de Mondoñedo, de Viveiro, de Ribadeo, Xove…”, enumera.

REUNIÓN CON MEMBROS DO PP

Prado concreta que este xoves houbo unha reunión telemática da coordinadora de auxiliares de Alcoa con alcaldes e dirixentes do PP para solicitarlles que o partido conservador faga forza para opoñerse ao recorte do cambio de cubas. Nos días anteriores reuníronse con outras forzas políticas.

“Temos que tentar que se tomen medidas, porque isto só é o comezo do desmantelamento da fábrica”, asegura Prado, que fai fincapé en que o futuro de Reymogasa é incerto dada a importancia do contrato de cambio de cubas, unha facturación fixa.

Deste xeito, sinala que os sindicatos non descartan “actos de protesta dentro do que nos permita o estado de alarma“.

EN CYRGASA, Á ESPERA

Na outra empresa afectada, Cyrgasa, os sindicatos aínda non recibiron unha notificación oficial por parte da auxiliar, segundo indica o presidente do comité, Diego Fernández.

O organismo de representación dos traballadores enviou a proposta para a mesa de negociación, consistente en cinco membros do comité e un asesor, tres, por cada forza sindical.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...