InicioEconomíaSargadelos, citada para un acto de conciliación a petición de UXT

Sargadelos, citada para un acto de conciliación a petición de UXT

A empresa está convocada ante o SMAC para o 11 de setembro, nun acto que é requisito previo para interpoñer unha demanda xudicial e que non semella que poda favorecer un acordo

Publicada o

- Advertisement -

O Servicio de Mediación, Arbitraje y Conciliación (SMAC) citou, a petición da Unión Xeral de Traballadores (UXT) Costa Lucense e da delegada do sindicato na fábrica de Cervo, Rogelia Mariña, a un representante legal de Sargadelos para un acto de conciliación por conflito colectivo.

A reunión será en Lugo, ás 10.40 horas do 11 de setembro, o mesmo día no que está prevista a asamblea para revocar á sindicalista. A solicitude de UXT e de Mariña ten data do pasado 23 de agosto.

Ademais da dirección da empresa, tamén están convocados os sindicatos CC OO e CIG -este último sen representación sindical na factoría-, e a Confederación de Empresarios de Galicia.

o servizo é un recurso para que os conflitos non cheguen aos xulgados, pero hai dúas demandas interpostas

O SMAC, que actúa como recurso para evitar que os conflitos laborais podan chegar á vía xudicial, e con iso dilatar as solucións e supoñer un gasto elevado de diñeiro, non semella que poda servir para achegar posturas entre a dirección e o sindicato. De feito, trátase dun requisito imprescindible para presentar reclamacións e o conselleiro delegado de Sargadelos, Segismundo García, ten dúas sobre a mesa -unha contra el mesmo e outra contra a empresa-. O dirixente cifra o custo destas demandas nun importe de 200.000 euros e asegura que “de ningunha maneira ampliaremos capital para pagalas”.

SEN DESPEDIMENTOS

Ao igual que o pasado xoves, este venres non houbo despedimentos en Sargadelos, con García de descanso durante máis dunha semana.

DEPUTACIÓN

O vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández, expresou a súa “preocupación” pola ameaza de peche que pende sobre Sargadelos e sobre Vestas. “Nos municipios de Cervo e Viveiro están moi preocupados. Esperemos que os empresarios teñan a suficiente sensatez”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...