InicioEconomíaO BNG reclama ao Goberno que interveña para garantir o cambio de...

O BNG reclama ao Goberno que interveña para garantir o cambio de cubas en Alcoa

O deputado no Congreso do Bloque, Néstor Rego, alerta das "consecuencias" na "produción" da factoría de aluminio e nos postos de traballo das auxiliares, con 46 obreiros afectados

Publicada o

- Advertisement -

O deputado do BNG, Néstor Rego, pediu ao Goberno que interveña para evitar que a multinacional Alcoa pare a rebrascaxe de cubas e recupere a plena capacidade de produción na súa planta de San Cibrao para que ningún traballador das empresas auxiliares perda o seu posto de traballo. Neste sentido, Reymogasa e Cyrgasa presentaron Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (Ertes) que se están a negociar, con 33 e 13 traballadores afectados, respectivamente.

“Consideramos necesaria a intervención do Goberno para evitar que se deixe morrer á factoría, logrando que esta recupere o cento por cento da súa actividade”, destacou Rego, que engade que deste xeito se conseguirá, ademais, contribuír para que a economía de toda a comarca se manteñan.

O dirixente nacionalista advertiu de que Alcoa implementa unha práctica de non proceder ao rebrascaxe das cubas, isto é, renunciar a reparar a maquinaria de electrolise para que se poidan reaproveitar cando chega á fin da súa vida útil.

“Ao non reparar e volver poñer en funcionamento estas cubas, redúcense as liñas de produción e, con iso, os primeiros prexudicados serán os traballadores e traballadoras das empresas auxiliares”, advertiu.

O deputado nacionalista alertou de que se non se modifica esta medida que Alcoa cualifica de “temporal“, “pode producir consecuencias moi negativas na produción da factoría, nos postos de traballo e na economía de toda a comarca”.

Os comités de Reymogasa -auxiliar que dá emprego a 75 obreiros- e Cyrgasa -con 95- principais empresas afectadas, alertaran de que o contrato de rebrascaxe de cubas supón unha facturación anual fixa e importante, de xeito que a perda deste servizo, alertan, pode supoñer tamén un impacto no persoal que non se viu afectado polos Ertes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...