InicioEconomíaPontón, desde San Cibrao, e Caballero avogan pola intervención pública de Alcoa

Pontón, desde San Cibrao, e Caballero avogan pola intervención pública de Alcoa

Alcaldes e concelleiros do BNG da Mariña participaron nun acto no que a formación reivindicou o rescate da planta de aluminio

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediulle este venres ao Goberno de España e á Xunta de Galicia “que se deixen de pelexas” e ofrezan a “solución” para evitar o peche da planta de aluminio primario de Alcoa en San Cibrao, que ao seu xuízo pasa pola “intervención pública” para “nacionalizar a empresa” e “garantir a produción e os postos de traballo”.

Pontón fixo estas declaracións aos medios de comunicación logo da reunión que mantivo hoxe no municipio de Cervo, na Mariña Lucense, cos “alcaldes, alcaldesas e responsables políticos do BNG na comarca” para analizar a situación de Alcoa, un encontro no que instou á “á mobilización social e institucional para evitar o peche da factoría de San Cibrao”.

O BLOQUE PIDE “A FIN DO REPARTO DE CULPAS” E DA “RETÓRICA PARTIDISTA”

“Cando está en xogo o futuro dunha comarca e centos de postos de traballo”, dixo Pontón, “non valen nin vacilacións, nin medias tintas, nin quedarse no reparto de culpas” entre institucións, porque “o que se necesita é unha solución inmediata”.

Unha solución que, ao seu xuízo, non pode chegar “nin mañá, nin pasado”, polo que “hai que traballar desde xa para conseguila”, porque “nacionalizar” a empresa é “perfectamente posible se hai vontade política“.

“A xente está farta de tanta retórica partidista. Urxen solucións e, neste caso, a solución é a intervención de Alcoa” e, con ela, o “rescate da comarca da Mariña e de centos de empregos”, engadiu.

De feito, asegurou que se ten “a responsabilidade de liderar do goberno de Galicia despois do 12 de xullo”, o “rescate de Alcoa será un reto” ante o que non vai “vacilar”.

O PSOE CIFRA EN 38 MILLÓNS AS AXUDAS A ALCOA EN DOUS ANOS

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, pediu ao Goberno do Estado que estude “todas as formas de intervención” que sexan “legais e económicamente viables” da factoría de Alcoa en San Cibrao e instou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a deixar de ser “un mero espectador” para pasar a ser “parte da solución”.

O xefe de filas dos socialistas galegos pronunciouse deste xeito nunha rolda de prensa telemática, na que asegurou que a súa prioridade, compartida por “todos os socialistas”, é “garantir o emprego industrial”.

“Sabemos que se destruíu moito emprego e necesitamos unha política industrial que reindustrialice e permita manter o sector”, manifestou Caballero, que, recordou que, ao longo dos últimos anos, o Goberno de España deulle á planta 38 millóns de euros, sendo “unha das factorías que máis apoio recibiu en toda España“. Por iso, considerou que “unha multinacional que recibiu centos de millóns” debe “manter o compromiso co emprego”.

CABALLERO RECLAMA A FEIJÓO QUE DEIXE DE SER “ESPECTADOR”

“Non existe unha planificación nin acción industrial desde o Goberno da Xunta para retomar as dificultades que teñen as industrias”, censurou o socialista, que sostén que o Goberno de Feijóo “non ofreceu nada á hora de dar solucións a problemas dos sectores”.

Para rematar, informou de que esta mesma tarde reunirase co secretario xeral de Comisións Obreiras en Galicia, Ramón Sarmiento, e o presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao para abordar a situación da factoría.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...