Conde comparecerá no Parlamento por Alcoa cando a oposición pedira unanimemente explicacións de Feijóo

O conselleiro de Industria dará conta de forma voluntaria da situación de San Cibrao, tras pedir PSdeG, BNG, os comúns e o grupo mixto a comparecencia do presidente da Xunta

Feijóo, no centro ao lado do alcalde de Cervo (esquerda) e de Conde (dereita) nunha xuntanza co comité. AXM

EFE. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, comparecerá este xoves -día 4- ante a Deputación Permanente do Parlamento galego para dar conta da situación de Alcoa despois de que a multinacional anunciase a súa intención de despedir a medio milleiro de traballadores da fábrica de San Cibrao.

No entanto, de forma previa á comparecencia a petición propia do conselleiro, tamén se debaterá a petición da oposición, a solicitude de comparecencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, por este mesmo asunto xa que a totalidade dos grupos da oposición –PSdeG, Grupo Común da Esquerda, BNG e Grupo Mixto– solicitaran que fose o xefe do Executivo autonómico quen respondese a este respecto.

A petición dos grupos reclama que o presidente galego informe sobre “as medidas que ten previsto adoptar a Xunta para evitar o peche da fábrica” e “garantir o emprego”, así como dar continuidade á antiga factoría de Alcoa na Coruña.

Con todo, dependerá do grupo maioritario –PPdeG– que esta petición vaia adiante ou non.

Ademais, a sesión do próximo xoves será a primeira na que os xornalistas poderán acceder ao edificio do Hórreo despois de que as restriccións marcadas pola alerta sanitaria limitasen o acceso ás dependencias parlamentarias.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here