InicioEconomíaAlcoa insiste en que "non se dan as condicións" para producir aluminio...

Alcoa insiste en que “non se dan as condicións” para producir aluminio primario na Mariña

A empresa di que adoptar "medidas" é "urxente e necesario" e cita aos sindicatos o día 10, aínda que admite que non fixo outra proposta distinta ao despedimento colectivo

Publicada o

- Advertisement -

Fontes de Alcoa insistiron este xoves en que a situación de aluminio é “insostible“, cunhas perdas previstas para este exercicio “en máis de 54 millóns de euros“, polo que “adoptar medidas” é “urxente e necesario“. Tralas críticas realizadas polo comité, que non percibiu “vontade” por parte da multinacional de continuar coa produción da planta, onde a compañía anunciou que pretende un despedimento colectivo con ata 534 traballadores afectados, as mencionadas fontes aseguraron que “non se dan as condicións” para manter a actividade, aínda que admiten que “non” se fixo ningunha outra oferta aos sindicatos na reunión mantida este venres.

NOVA XUNTANZA DO PERÍODO “INFORMAL” DE CONSULTAS

Alcoa reitera que “non hai ningunha decisión tomada” e que a xuntanza formou parte dun “proceso informal de consultas” para “explicar con detalle” a situación de aluminio, ademais das “causas” e “posibles alternativas” ao despedimento colectivo anunciado, para facer “avances significativos” coa representación legal dos traballadores “antes de iniciar un proceso formal” do Expediente de Regulación de Emprego (ERE).

Preguntadas sobre as alternativas mencionadas, as fontes da empresa afirman que se abordarán “nas vindeiras reunións”, a próxima o 10 de xuño; en cambio, admiten que “non” se realizou unha proposta distinta á dos 534 despedimentos.

A SOBRECAPACIDADE MUNDIAL NO SECTOR E O PREZO DA LUZ, OS MOTIVOS QUE ALEGA

A compañía prevé perdas de máis de 54 millóns de euros, que se sumarían a 165 millóns de déficit “nos tres últimos anos”. Insiste en que os problemas estruturais son, por un lado, “a sobrecapacidade mundial do aluminio, que medrou moito nos últimos anos, fundamentalmente en China, onde se factura o 60% da produción mundial“, o que “fai caer os prezos“; por outro, “o prezo da enerxía eléctrica en España, incompetitivo, o que levamos moito tempo dicindo”.

“Alcoa é unha empresa que se dedica a producir aluminio, é o noso negocio, pero non se dan as condicións” para manter a planta de San Cibrao, afirma a multinacional. O recorte  produtivo que pretende suporía ademais perder outros 400 empregos en auxiliares.

ELUDE REFERIRSE ÁS PALABRAS DE SÁNCHEZ SOBRE UNHA VENDA

Respecto das palabras do presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, que asegurou que o Executivo está centrado “en buscar investidores” para o complexo industrial de Cervo, a empresa asegurou que “está fundamentalmente centrada” no “período de consultas informais”. O mesmo responde sobre a mesa multisectorial convocada polo Ministerio de Industria, coa presenza da Xunta de Galicia e dos sindicatos, para o vindeiro martes. Alcoa non confirma a súa participación, aínda que seguramente tomará parte no encontro.

ASEGURA QUE A BALSA CONTA “CON TODAS AS CERTIFICACIÓNS” MEDIOAMBIENTAIS

No tocante á balsa de lodos, que foi de novo obxecto de debate este xoves tras solicitar a Sociedade Galega de Historia Natural os avais entregados pola multinacional ante un posible derrube da mesma, Alcoa sinala que “cumprimos todos os requisitos previstos na Lei de Responsabilidade Medioambiental e obtivemos as certificacións do mencionado cumprimento”. A compañía non se pronuncia sobre a fin da vida útil do depósito de residuos do procesado de alúmina, e sostén que “estase a falar coa Xunta, a partir de distintos proxectos, para ver canto podería durar ou o tempo que se podería ampliar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...