InicioEconomíaA plataforma na defensa do tren denuncia que se agravou o deterioro...

A plataforma na defensa do tren denuncia que se agravou o deterioro do servizo no verán

O colectivo sinala que as liñas non se adecuaron para o aumento da demanda e que a liña Ferrol-Ribadeo perdeu dous interventores máis

Publicada o

- Advertisement -

A plataforma pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia o deterioro do servizo prestado por Renfe durante este verán. O colectivo sinala que as reiteradas deficiencias da liña se agravaron ao no atenderse o aumento da demanda, e cambiar o destino de dous interventores.

Nunha nota, a plataforma sinala que na temporada estival, na que o número de viaxeiros aumenta, se asignaron unidades de só trinta asentos en lugar de oitenta,  con capacidade insuficiente. Engaden ademais que nos últimos días se transladaron a outros destinos dous interventores, o persoal encargado de facilitar os billetes e determinar as paradas facultativas para axilizar o servizo, ademais de contar aos pasaxeiros para as estatísticas de Renfe.

“EXPULSAR AOS USUARIOS”

O colectivo denuncia que as incidencias responden a unha “clara intencionalidade de molestar e expulsar aos usuarios, buscando a nula oposición social para unha drástica reducción ou eliminación dos servizos”.

“Solicitamos saber porque non se dan solucións aos problemas da liña e porque dende a propia empresa pública se perpetran continuadamente accións para molestar aos usuarios”, di a  plataforma que reitera demandas xa postas sobre a mesa,  nun informe sobre o estado actual e necesidades da liña empregado na comisión entre os concellos da Mariña, Ferrol Terra e Ortegal, a Xunta e mais Renfe e Adif.

DEMANDAS

A respecto da dispoñibilidade de material rodante, o documento pide que se axilice e se garanta a reforma das unidades que cubren o servizo na cornixa cantábrica, e que se mellore o sistema de adquisición de recambios.

O informe solicita tamén dotar o servizo de persoal de condución suficiente e de interventores en ruta que contribúan a mellorar os tempos de viaxe, así como instaurar novos horarios adecuados ás necesidades da poboación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...