InicioEconomíaA Marea Galeguista urxe a intervir Alcoa: "os obreiros poden quedar sen...

A Marea Galeguista urxe a intervir Alcoa: “os obreiros poden quedar sen ingresos en tres semanas”

O candidato da coalición electoral, Pancho Casal, mantivo unha reunión en San Cibrao con integrantes do comité de empresa

Publicada o

- Advertisement -

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia pola Marea Galeguista, Pancho Casal, esixiu este martes ao Goberno autonómico e ao Estado que interveñan xa na situación da planta de aluminio de Alcoa San Cibrao, que se atopa ante “unha crise que pode deixar a 534 traballadores na rúa” e tamén afectar a máis de 400 empregados de empresas auxiliares.

Casal reuniuse esta mañá co comité de empresa de Alcoa nas instalacións da factoría e alertou da situación que pode deixar a “máis dun milleiro de familias sen ingresos en apenas tres semanas se non se actúa con auténtica urxencia”.

Por iso, urxiu un “prezo xusto da luz” e unha “actuación rápida” por parte do Goberno autonómico que non debe esperar “a que pasen as eleccións do 12 de xullo”. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...