InicioPolíticaO ribadense Iván Rodríguez Lombardero será o número 1 da Marea Galeguista...

O ribadense Iván Rodríguez Lombardero será o número 1 da Marea Galeguista por Lugo

Elena Candia (PP), Patricia Otero (PSdeG-PSOE), Olalla Rodil (BNG), Miguel Anxo Fernán Vello (En Común), José Ángel Gómez (Cs) e Sonia Teijeiro (Vox) repiten á fronte das listas

Publicada o

- Advertisement -

O xeólogo Iván Rodríguez Lombardero, natural de Ribadeo e traballador do Sindicato Labrego Galego (SLG), será o cabeza de lista por Lugo da candidatura da Marea Galeguista -coalición electoral de En MareaCompromiso por Galicia e o Partido Galeguista-, que liderará o deputado autonómico Pancho Casal, para as eleccións galegas do vindeiro 12 de xullo.

PP

No que respecta aos números un por Lugo, a maioría dos partidos mantén as súas cabezas de lista. Así, a ex rexedora e actual concelleira mindoniense Elena Candia repetirá á fronte da listaxe popular, como xa fixera nos comicios previstos para abril e aprazados polo coronavirus. A lista dos populares, con Alberto Núñez Feijóo, non rexistra ningún cambio respecto ás feitas públicas para o 5-a, e deste xeito outro mariñao, José Manuel Balseiro, será o número 5 na provincia.

PSdeG-PSOE

De cara á cita electoral do 12 de xullo, o PSdeG-PSOE tamén deu por boas as listas presentadas. O aspirante á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, que ocupará de novo o número un da candidatura por Pontevedra, volve confiar na deputada autonómica e ex concelleira de Burela Patricia Otero para capitanear a lista por Lugo.

GALICIA EN COMÚN

Galicia En Común, a coalición de Podemos, Esquerda Unida e Anova e na que participan as mareas de Santiago (Compostela Aberta) e A Coruña (Marea Atlántica), preséntase ante o electorado encabezada de novo polo parlamentario no Congreso Antón Gómez-Reino, con Miguel Anxo Fernán-Vello en primeiro lugar na provincia lucense. A mindoniense Aurora Rodríguez irá no 4.

BNG

Por parte do BNG, Olalla Rodil seguirá á fronte da candidatura nacionalista por Lugo, con Ana Pontón como aspirante á presidencia do Goberno galego. O ribadense Daniel Castro será o número 2 na provincia.

CIUDADANOS

José Ángel Gómez Fernández será o cabeza de lista por Lugo na candidatura de Ciudadanos, que comandará Beatriz Pino.

VOX

Finalmente, Sonia Teijeiro será a candidata de Vox na súa candidatura na provincia. Xa fora a aspirante da ultradereita á alcaldía da capital provincial.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...