InicioEconomíaA ministra de Industria: "Alcoa é o inimigo, só quere subvencións e...

A ministra de Industria: “Alcoa é o inimigo, só quere subvencións e subvencións sen protexer os obreiros”

Maroto critica que mentres a multinacional presenta un ERE con máis de 900 despedimentos esixe "38,4 millóns" polo CO2; sen compromiso co emprego "terá que devolvelos", insiste

Publicada o

- Advertisement -

A ministra de Industria cargou este mércores contra Alcoa na súa resposta á interpelación presentada polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) durante a sesión de control ao Goberno central celebrada hoxe no Congreso dos Deputados. Despois de que a multinacional desbotase unha proposta de plan industrial do Estado na mesa multilateral polo futuro de aluminio, Reyes Maroto arremeteu contra a compañía, pois “ela é o inimigo, e non o Executivo”.

CARGA CONTRA A XUNTA

En relación coa celebración na tarde de onte da mesa multilateral, á que asistiron as Administracións central e autonómica, os sindicatos de Galicia e o comité de empresa da planta, afirmou que “Alcoa é o inimigo”, e queixouse da postura da Xunta de Galicia, “aliñándose coa multinacional de forma moi clara contra o Goberno, dando osíxeno á empresa” para que siga co Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado, e os postos de traballo -ata 534 na planta de aluminio e outros 400 na industria auxiliar– “se perdan”.

Interpelada tamén por Vox sobre este asunto, afirmou que “traballamos para presentar un plan industrial e Alcoa díxonos onte que non quere ese plan industrial, que non queren seguir na Mariña. E á vez que nos di que non queren ese proxecto, pídennos 38,4 millóns de euros por compensacións de emisións indirectas de dióxido de carbono (CO2). Iso fan: subvencións, subvencións, subvencións, e non un proxecto industrial e protexer os traballadores”, censurou.

REQUIRE Á EMPRESA QUE XUSTIFIQUE O CUMPRIMENTO DOS REQUISITOS PARA ACCEDER Á AXUDA

Neste sentido, Maroto expuxo que o Ministerio “requiriu á empresa” que “xustifique que cumpre os requisitos de mantemento do emprego” necesarios para poder recibir as compensacións por emisións indirectas de CO2. As subvencións están condicionadas a que a empresa manteña os postos de traballo durante tres anos; se non é así, ímoslle esixir a súa devolución“.

Neste apartado, cuantificou a contía global destinada a estas compensacións en 66 millóns de euros, “dos cales o ano pasado investíronse 42 millóns“.

“O GOBERNO NON SE PUXO DE PERFIL”

Maroto cualificou de “firme e decidido” o “compromiso” do Executivo con Galicia e coa industria galega: “este Goberno non se puxo de perfil. Ao contrario, mantivemos sempre unha actitude de diálogo e proactividade a fin de atopar solucións viables para manter as capacidades industriais e o emprego”, argumentou.

Así, enumerou exemplos das actuacións levadas a cabo polo Ministerio en apoio ao sector naval galego, con exemplos como a intervención para resolver a crise do asteleiro HJBarreras ou a adxudicación do contrato de cinco fragatas F-110 a Navantia Ferrol.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...