InicioEconomíaTraballadores de Alcoa e auxiliares "cóanse" no debate recibindo aos candidatos á...

Traballadores de Alcoa e auxiliares “cóanse” no debate recibindo aos candidatos á entrada da TVG

Uns 40 operarios visibilizaron o conflito laboral de aluminio, que podería supoñer a perda de máis de 900 empregos, á chegada dos líderes dos partidos

Publicada o

- Advertisement -

Os sindicatos de Alcoa San Cibrao e das empresas auxiliares desprazáronse a Santiago de Compostela este luns para visibilizar o conflito laboral –que podería supoñer 534 despedimentos na planta de aluminio e outros 400 nas contratistas de saír adiante o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que pretende a multinacional– á chegada dos candidatos dos partidos á sé da Televisión de Galicia (TVG), a pouco máis dunha hora para o debate das eleccións autonómicas (21.30 horas, TVG).

Unhas 40 persoas achegáronse ata o exterior do complexo de San Marcos para trasladar a súa situación aos sindicatos, a fin de que busquen unha “solución” ante a ameaza de peche da planta de aluminio.

Alí protestaron á entrada de cada candidato ao recinto, cunha pancarta na que se pode ler ‘A Mariña sálvase loitando‘, mentres portaban chalecos amarelos co lema ‘Alcoa, despidos non‘. Ricardo Morado (Vox), Pancho Casal (Marea Galeguista), Beatriz Pino (Ciudadanos), Antón Gómez-Reino (Galicia En Común-Anova-Podemos), Ana Pontón (BNG), Gonzalo Caballero (PSdeG-PSOE) e Alberto Núñez Feijóo (PP) foron pasando ante os operarios, que lles reclamaron implicación a fin de que haxa unha intervención da planta e un marco estable da enerxía que posibilite manter a produción e os empregos.

Os obreiros seguen coas protestas. O vindeiro martes, ás 22.00 horas, comezará unha folga que se prolongará ata o mércores, tamén ás 22.00 horas. O mesmo día 1 de xullo, o persoal concentrarase en Santiago de Compostela, ante a sé da Xunta, para reclamar ao Goberno autonómico que traballe de forma conxunta co Executivo central e dean unha solución á fábrica de aluminio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...