A sindicalista destituída en Sargadelos pide a baixa médica

Rogelia Mariña, sinalada no conflito laboral pola dirección da empresa, foi chamada para reincorporarse ao traballo este venres

Fábrica de Sargadelos. XUNTA DE GALICIA

A sindicalista destituída en Sargadelos pola asemblea de persoal, Rogelia Mariña, pediu a baixa médica este venres, o día no que debía reincorporarse ao traballo na factoría de Cervo.

A ex delegada da Unión Xeral de Traballadores (UXT) foi sinalada polo conselleiro delegado do grupo empresarial, Segismundo García, que o pasado 17 de agosto anunciou 49 despedimentos se non cesaba a “presión sindical” sobre a dirección.

APARTADA

Despois de que a empresa apartase á traballadora desde case o inicio o conflito laboral cun permiso retribuído concedido de forma unilateral, Sargadelos chamou á empregada a volver ao traballo este venres.

SEN ALTAS NIN DESPIDOS

Este venres non houbo altas na fábrica cervense. A UXT traballa na impugnación da asemblea de traballadoras que destituíu á súa afiliada, mentres que a dirección e alomenos catro das obreiras máis veteranas entre as despedidas, están convocadas para un acto de mediación o día 28.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here