InicioEconomíaVestas asegura ao comité que manterá a carga de traballo no 2019

Vestas asegura ao comité que manterá a carga de traballo no 2019

A multinacional evita dar cifras sobre cantos temporeiros quedarán tralo remate do seu contrato, o vindeiro día 28

Publicada o

- Advertisement -

Nunha xuntanza mantida este luns, a dirección de Vestas transmitiu calma ao comité de empresa da fábrica de Chavín, preocupado tralo peche da factoría da multinacional danesa en León e tamén polo feito de que a firma só fixese indefinidos a dez de arredor de cincuenta obreiros da planta de Viveiro que remataron o seu contrato o pasado 14 de setembro.

Segundo explica o presidente do comité de empresa, Jano Grandío, a directiva de Vestas asegurou aos representantes dos traballadores que, no tocante ás horas de emprego, “haberá unha carga de traballo igual ou similar á deste exercicio”. 

O sindicalista da UGT expón que a reunión “quitounos preocupación e ofreceunos algúns datos, que é o que queriamos, e é unha boa nova porque se nos transmite unha certa estabilidade“. 

O anuncio da empresa clarexa o futuro a curto prazo dun persoal que dubidaba da continuidade da fábrica. A factoría de León absorbía arredor do 40% dos xeneradores eólicos producidos en Viveiro, dos que se encargan na súa maioría operarios fixos. Os temporeiros adícanse a unha rama de produción implantada no 2018, a de paneis eléctricos para o control de turbinas, pola que parece pasar o futuro da factoría.

TEMPOREIROS

Uns 50 temporeiros rematan contrato o vindeiro día 28 e Vestas evitou dar cifras aos representantes dos traballadores sobre cantos continuarán e cantos quedarán sen emprego. “A empresa díxonos que por agora non podía ofrecernos eses datos e que estaba a barallar quen vai quedar para traballar na nova liña”, afirma Grandío.

CONVENIO

O comité de empresa de Vestas e maila multinacional negocian desde hai meses un novo convenio laboral que fica atascado. Na última xuntanza non houbo ningunha proposta por parte da firma á petición dos obreiros dunha suba salarial do 3%. A vindeira reunión está prevista para o mércores 27

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...