InicioEconomía(VÍDEO) Obreiros de Alcoa toman a subdelegación do Goberno

(VÍDEO) Obreiros de Alcoa toman a subdelegación do Goberno

Os traballadores encadeáronse ao balcón do edificio para reclamar ao Executivo central que convoque a mesa multilateral e presente por escrito o plan industrial comprometido

Publicada o

- Advertisement -

Traballadores de Alcoa San Cibrao entraron este venres na subdelegación do Goberno central, en Lugo e encadeáronse ao balcón do edificio para visibilizar o conflito laboral da planta de aluminio.

Integrantes do comité do complexo industrial de Cervo, onde a multinacional presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía 534 despedimentos na fábrica de aluminio e outros 400 en auxiliares, entraron na sé do Executivo estatal a nivel provincial para asomarse ao balcón e berrar lemas como ‘Alcoa non se pecha‘ ou ‘as cubas non se paran‘.

Somos obreiros, non somos terroristas”, “Enerxía, solución” ou “A Mariña sálvase loitando” foron outras das consignas.

A intención dos traballadores é pecharse no edificio ata que o Goberno central convoque a mesa multilateral polo futuro da planta, na que participan Executivo estatal, Xunta de Galicia, Alcoa e sindicatos, así como para demandarlle que presente por escrito o plan industrial para a planta de aluminio, tal e como comprometeu.

Tamén lle esixen ao Ministerio de Industria que responda á carta enviada a primeiros de mes pola plataforma do persoal das auxiliares para que a súa problemática laboral tamén se teña en conta en calquera posible solución para a factoría de San Cibrao.

DEZ DÍAS CLAVES NO CONFLITO LABORAL

O presidente do comité, José Antonio Zan, afirmou que, dentro “de dez días” saberase se o acordo alcanzado onte coa dirección da multinacional para prorrogar ata o 4 de agosto o período de consultas do ERE é en realidade “unha tregua ou unha penitencia máis”.

En declaracións a Efe, Zan afirmou que estes dez días que quedan por diante servirán para determinar se “realmente hai unha posibilidade” para que a fábrica de San Cibrao manteña o 100% da produción, e consecuentemente a totalidade dos postos de traballo, ou se “prorrogamos as consultas para nada”.

Traballadores de Alcoa trancan a porta. CEDIDA

“En dez días saberemos se é verdade o que di a ministra” de Industria, dixo Zan, e realmente hai un investidor solvente interesado en comprar a fábrica e un socio enerxético para garantir un prezo competitivo da enerxía.

Nese tempo, opina que o Ministerio ten que presentar “un plan industrial, claro e factible”, ademais de “obrigar a Alcoa a vender a planta” para garantir a produción. Espera que nestes días chegue “certeza sobre o futuro da Mariña lucense“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...