InicioEconomía"As cubas non se paran", mensaxe dos obreiros de Alcoa e as...

“As cubas non se paran”, mensaxe dos obreiros de Alcoa e as súas familias desde As Catedrais

A reunión anticipa unha semana decisiva para o futuro da fábrica, coa reunión da mesa multilateral o luns e a continuación das conversas do ERE

Publicada o

- Advertisement -

Centos de obreiros de Alcoa San Cibrao e empresas auxiliares continuaron este domingo en Ribadeo os actos reivindicativos para reclamar unha solución para a fábrica de aluminio, na que a multinacional presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía máis de 900 despedimentos entre persoal propio e das contratistas. Acompañados das súas familias, os empregados desprazáronse á Praia das Catedrais, onde coparon os accesos para despois baixar ao areal.

Vestidos de faena, facendo soar os seus cascos contra os chanzos da escaleira, portando pancartas, os traballadores da planta mesturáronse cos turistas nun día do ano, en pleno mes de xullo, no que o acceso ao monumento natural só está permitido mediante cita previa, con aforamento restrinxido. As familias, coas camisolas habituais nos actos de protesta, co lema ‘A Mariña sálvase loitando‘, participaron dunha reunión na que deixaron escrita na area dúas mensaxes claras: “as cubas non se paran” e ‘enerxía solución‘.

O acto anticipa unha semana chave para o futuro da fábrica. O luns -19.00 horas, de xeito telemático- reunirase a mesa multilateral polo futuro da planta, coa presenza de Goberno central, Xunta de Galicia, Alcoa e sindicatos, mentres que o martes, día 28, retomaranse as conversas do ERE.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...