InicioEconomíaO Goberno reabrirá o luns a mesa multilateral de Alcoa trala protesta...

O Goberno reabrirá o luns a mesa multilateral de Alcoa trala protesta dos obreiros na subdelegación

O comité confirmou que delegados das auxiliares participarán como asesores na reunión entre sindicatos, multinacional e as Administracións estatal e autonómica

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao anunciou este venres que o Goberno central accedeu á súa petición de convocar a mesa multilateral polo futuro da planta de aluminio, onde a multinacional quere aplicar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía o despedimento de 534 traballadores da factoría e doutros 400 en empresas auxiliares. A cita será o vindeiro luns, ás 19.00 horas, por videoconferencia.

Sindicatos, Alcoa, Xunta de Galicia e Goberno central participarán nun encontro no que terán presenza por primeira vez como tales delegados sindicais das empresas auxiliares do complexo industrial de San Cibrao. A plataforma que aglutina a representación sindical nas contratistas reclamaba que se abordase a súa problemática concreta, dado que os postos de centos de empregos dependen do que ocorra coa planta de aluminio, pero estes obreiros non teñen -ao non ter relación contractual coa multinacional- representación legal nas consultas do ERE.

Os obreiros conseguiron así os parte dos seus obxectivos despois de tomar a subdelegación do Goberno e encadearse ao balcón do edificio. Seguen á espera de que o Executivo presente por escrito, como comprometeu, o plan industrial para a fábrica.

RECLAMAN AO EXECUTIVO CONCRECIÓN SOBRE AS ACTUACIÓNS PARA GARANTIR A PRODUCIÓN

“Temos moi claro que a única saída é concreción sobre o plan industrial e o plan enerxético”, asegurou o presidente do comité, José Antonio Zan, á saída do edificio. O Goberno central sostivo que hai un investidor interesado en mercar a planta e un socio enerxético que lle daría viabilidade no tocante á electridade, que supón o 40% dos gastos da produción da factoría.

Os traballadores, con todo, queren feitos, posto que a parada de cubas que pretende a multinacional e á que condiciona calquera saída ao conflito laboral, suporía “a morte” da fábrica: “queremos que nos digan como se vai levar iso a cabo, e tamén como vai forzar (o Executivo estatal) a Alcoa a que retire o ERE ou se poña a un lado e venda. A única solución que temos é que a maquinaria de electrólise non se pare”, concluíu o sindicalista.

RODRÍGUEZ RESALTA O “COMPROMISO ABSOLUTO” DO EXECUTIVO

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, recibiu a unha representación do comité de Alcoa aos que reiterou o apoio do Goberno ao mantemento dos postos de traballo na fábrica que ten a multinacional en San Cibrao.

Reunión da subdelegada do Goberno cos obreiros de Alcoa. AXM

Rodríguez lembrou que froito dese “compromiso absoluto” do Goberno estanse a dar “avances” na busca dun proxecto de inversión solvente para Alcoa, “como saben os sindicatos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...