InicioEconomíaUn total de 716 mariñaos, chamados a votar nas eleccións ás confrarías

Un total de 716 mariñaos, chamados a votar nas eleccións ás confrarías

Os comicios do sábado serán abertos en Foz, Ribadeo e San Cibrao, pósitos sen candidaturas

Publicada o

- Advertisement -

As confrarías mariñás prepáranse para elixir aos seus representantes. Un total de 155 traballadores e 91 empresarios son candidatos nas eleccións do vindeiro sábado para formar parte dos órganos de goberno dos seis pósitos da bisbarra.

Están chamados a votar nos comicios 716 afiliados. En Burela hai 338 socios, por 232 de Celeiro, 48 en Foz, 31 en Ribadeo, 38 en San Cibrao e 29 asociados no Vicedo.

Nas confrarías de pescadores de Burela, Celeiro e finalmente tamén O Vicedo -en trámites de integrarse na confraría celeirensepresentáronse candidaturas. Nos pósitos de Foz, Ribadeo e San Cibrao non houbo alternativas, polo que todos os socios, tanto empresarios coma traballadores, poden resultar elixidos.

CONFRARÍA

TOTAL CANDIDATOS XUNTA XERAL

CANDIDATOS EMPRESARIOS

CANDIDATOS TRABALLADORES

BURELA

124

49

75

CELEIRO

19

10

9

FOZ

48

10

38

O VICEDO

10

5

5

RIBADEO

31

5

26

SAN CIBRAO

38

12

26

Fonte: Xunta de Galicia.

Segundo o programa marcado pola Consellería de Mar, a campaña electoral, que comezou o pasado día 20, rematará o xoves. As eleccións celebraranse o sábado, desde as 10.00 horas. O 10 de outubro será a proclamación definitiva dos vogais da xunta xeral de cada confraría. A partir de entón, a Xunta dá un prazo máximo de cinco días para elixir ao cabildo e ao patrón maior do pósito.

PATRÓN MAIOR

A elección do máximo responsable da confraría será por maioría simple na primeira volta. Se o empate persiste tamén nunha segunda quenda, o resultado resolverase a favor do que máis tempo leve no pósito ou -de manterse o equilibrio- do maior en idade.

O cabildo resultante debe ser equilibrado, cun número de vogais proporcional entre a parte social e a parte económica, isto é, entre a cantidade de representantes dos obreiros e dos empresarios. 

FEDERACIÓNS PROVINCIAL E GALEGA

Para o 10 de novembro están previstos os comicios para a Federación Provincial de Lugo. Finalmente, celebrarase a votación para escoller ao presidente da Federación Galega de Confrarías.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...