InicioEconomíaLiberty House comunicou a Alcoa o seu interese en comprar o complexo...

Liberty House comunicou a Alcoa o seu interese en comprar o complexo industrial de San Cibrao

A multinacional estadounidense mantense na súa posición de non vender a fábrica de aluminio coas cubas de electrólise operativas e non negocia polo de agora pola refinería de alúmina

Publicada o

- Advertisement -
O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, confirmou, en base á información facilitada pola Subdelegación do Goberno en Lugo e o Ministerio de Industria, que a multinacional mantivo “varios contactoscunha empresa interesada en comprar a fábrica de aluminio. Trataríase do grupo británico Liberty House, segundo concretaron os sindicatos. En principio, a compañía estadounidense mantense na súa posición de non vender a instalación coas cubas de electrólise operativas. Ademais, rexeita por agora falar da refinería de alúmina.

EMPRESA RADICADA NO REINO UNIDO

Fundada no 1992, Liberty House é unha empresa do sector metalúrxico radicada en Londres (Reino Unido). Conta con centros globais en Dubai, SingapurHong Kong, Sidney e Nova York, e o seu negocio baséase no comercio de metais férreos e non férreos, reciclaxe dos mesmos, produción de aceiro e aluminio e produtos e servizos de enxeñería. A súa facturación anual (cifras de 2018) ronda os 7,9 billóns de dólares e emprega preto de 30.000 persoas en todo o mundo.

POSÚE A ÚNICA FUNDICIÓN DE ALUMINIO DA GRAN BRETAÑA

A división Aluminio de Liberty posúe e opera a única fundición do metal que queda no Reino Unido: Liberty British Aluminum.

Con sede en Fort William, nas montañas escocesas, as instalacións de fundición están alimentadas por dúas estacións hidroeléctricas veciñas e un complexo de unidades bio-diésel in situ.

SINDICATOS E ALCOA RETOMAN AS CONVERSAS DO ERE

Zan confirmouno nun xoves no que se celebra unha nova reunión coa dirección de Alcoa, nun restaurante de Lugo, dentro do proceso de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que podería deixar na rúa a 534 traballadores da planta de aluminio ademais de suprimir outros 400 contratos nas empresas auxiliares.
“Alcoa o que di é que non hai nada concreto, pero mentiunos claramente, porque igual non concretaron ningún prezo nin chegaron a acordos definitivos, pero si abriron contactos coa empresa” interesada na adquisición da factoría, lamentou Zan á entrada da xuntanza, segundo informa Efe.

CINCO DÍAS PARA QUE REMATE O PRAZO

“Supoño que nolo terá que dicir a empresa. Que quere facer coa fábrica se eses contactos son verdade. Non creo que o Ministerio nos estea mentindo a cinco días de acabar o período de consultas, pero queremos ver papeis. Que hai de verdade en todo isto e que non hai”, dixo o sindicalista.

OS SINDICATOS PIDEN A NACIONALIZACIÓN PARA GAÑAR TEMPO

O presidente do comité dixo que os “ánimos están igual que estaban”, coa “tensión lóxica” dunha situación deste tipo, e á espera de que chegue “unha solución”. “Se non hai esa solución, porque o Goberno sexa incapaz de facer que esa empresa lle dea viabilidade” á fábrica “cun plan industrial claro e un prezo enerxético estable”, que “a nacionalice” ata que “ambas as cousas se poidan poñer encima da mesa”, pediu.

CONTRAINFORME

Zan sinalou que “sempre que se abriu un proceso deste tipo”, tanto o “comité europeo como os comités locais” tiveron coñecemento dos “posibles plans industriais”, pero agora “o máis importante é que paralicen o ERE para abrir ese proceso de venda, que podería levar unhas semanas”. En todo caso, tamén aclarou que a representación sindical a nivel europeo presentou un informe no que se pon de manifesto que sería “máis rendible vender a fábrica mesmo corenta semanas despois, que parar as cubas para poñerse a vendela”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...