InicioEconomía"É agora ou nunca", di a Xunta, que valora a prórroga para...

“É agora ou nunca”, di a Xunta, que valora a prórroga para manter as cubas acesas e negociar unha venda

O conselleiro de Industria pide ás partes que "actúen con responsabilidade" para dar solución "a un milleiro de familias" e consolidar "un sector estratéxico" para o Estado

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia celebrou este xoves o acordo alcanzado entre Alcoa e o comité de empresa da compañía en San Cibrao para ampliar o período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado en aluminio ata o 28 de setembro e manter as cubas de electrólise en funcionamento.

“Sabendo que hai máis cousas que nos unen que as que nos poden separar, hoxe ábrese unha nova oportunidade, con seis semanas para dar unha solución a un milleiro de familias, entre traballadores da planta de aluminio e obreiros das auxiliares”, resaltou o conselleiro de Industria, Francisco Conde, a través dun comunicado de prensa.

Deste xeito, o Executivo autonómico agradeceu a “todas as partes” que se sumaron á proposta dos gobernos central e galego de ampliar o período de consultas “e así ter seis semanas máis para pechar Alcoa e o grupo Liberty House/GFG Alliance” a venda de San Cibrao”.

A Xunta pediu ás partes que “actúen con responsabilidade” a partir de agora, ao mesmo tempo que trasladou o seu compromiso de “seguir defendendo un sector estratéxico para a nosa economía e a única fábrica de aluminio primaria activa en España”, así como o de “colaborar no desenvolvemento dun plan industrial que garanta o futuro da actividade e dos postos de traballo. Debemos aproveitar esta inercia positiva para buscar puntos de encontro, coa esperanza de que o Goberno central estableza un marco enerxético estable que favoreza non só un futuro para a rexión de A Mariña, senón tamén para toda a industria electrointensiva galega“, continuou.

“É agora ou nunca: seis semanas para traballar desde o primeiro día na procura dunha solución viable e con futuro. Galicia e a comarca da Mariña merécense esta oportunidade”, conclúe a nota.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...