InicioEconomíaAlcoa informará o xoves a Administracións e sindicatos sobre o proceso de...

Alcoa informará o xoves a Administracións e sindicatos sobre o proceso de venda de Aluminio

Delegados de Goberno, Xunta, CC OO, CIG, UGT e comité de empresa participarán na primeira cita da mesa multilateral acordada dentro da prórroga do período de consultas do ERE

Publicada o

- Advertisement -

A multinacional Alcoa convocou a Goberno central, Xunta de Galicia, comité de empresa e sindicatos (CC OO, CIG e UGT) á primeira mesa multilateral informativa do proceso de venda da planta de aluminio de San Cibrao a Liberty House/GFG Alliance, unha negociación en exclusiva entre a titular das instalacións e o potencial comprador que forma parte do acordo adoptado pola compañía e a parte social para prorrogar o período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que pesa sobre a fábrica. O encontro, por videoconferencia, celebrarase o día 20, de 12.00 a 13.00 horas.

Asistirán ao encontro, ademais de representantes de Alcoa, un integrante de cada organización sindical con representación no comité de empresa, un membro por cada central da comisión representativa dos traballadores, ademais de delegados da Xunta de Galicia e do Ministerio de Industria, así como os asesores que as partes poidan convocar.

A mesa multilateral será convocada cunha periodicidade semanal, segundo concreta o comité de empresa. Os encontros servirán para que as Administracións e os sindicatos fiscalicen o proceso, a fin de asegurar que existe boa vontade por parte de Alcoa para chegar a un acordo coa compañía interesada.

A TITULAR NON SE PRONUNCIA SOBRE AS NEGOCIACIÓNS CON LIBERTY

Preguntadas polo proceso de venda, fontes de Alcoa non quixeron falar sobre o mesmo nin concretar que reunións se produciron ao longo dos últimos días. A prórroga do período de consultas do ERE rematará o 27 de setembro, e de non concretarse unha operación de venda a multinacional e os sindicatos sentarán de novo á mesa para finalizar as conversas do despedimento colectivo.

O comité advertiu o pasado luns de que “seguirá apertando” con “mobilizacións e na rúa” para que frutifique unha venda, a solución que ve posible ao ERE presentado por Alcoa, que suporía a perda de 534 postos de traballo na factoría de aluminio e doutros 400 nas empresas auxiliares. Un recorte no emprego que iría aparellado a unha parada de cubas de electrólise, un escenario que os obreiros non aceptan ao entender que suporía “a morte” do complexo industrial de San Cibrao.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...