InicioEconomíaLembranza desde "o mellor banco do mundo" de que o piar económico...

Lembranza desde “o mellor banco do mundo” de que o piar económico da Mariña segue en entredito

Os traballadores de Alcoa reivindican desde o enclave turístico de Loiba "poder vivir da industria"; titular e Liberty House continuan as negociacións para a venda da planta de aluminio

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores de Alcoa lembraron desde o mirador de Loiba (Ortigueira), o enclave turístico coñecido por presumir do “mellor banco do mundo“, que “seguimos a ter un problema ao que necesitamos que se lle dea unha solución”. Así o reivindicou o comité de empresa, que recordou que “estamos na segunda das seis semanas que temos de marxe” para que ou ben frutifique unha venda da planta de aluminio de San Cibrao, onde a multinacional presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE), ou ben a titular “recúe e quite da mesa o despedimento colectivo”.

“Viñemos ao banco máis coñecido de España a reivindicar o seguir traballando e evitar que A Mariña Lucense sufra un enorme pau ecónomico. Hai algo máis ca o turismo e queremos comer e vivir da industria”, asegurou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan.

UN MES DE MARXE

Despois de que sindicatos e Alcoa chegasen a un acordo para prorrogar o período de consultas do ERE, que suporía o apagado das cubas de electrólise e máis de 900 despedimentos entre a planta de aluminio e a industria auxiliar de San Cibrao, a propietaria e un potencial comprador, Liberty House, terán ata o 27 de setembro para pechar un preacordo de venda. De non frutificar as conversas, a patroal e a parte social retomarán o día seguinte a última xornada de negociación do despedimento colectivo.

Respecto do proceso de venda, Zan expuxo que esta semana remataríase cun primeiro período das negociacións nos que se están a abordar “datos macroeconómicos”, para abordar na seguinte fase “a ‘due diligence‘, os datos en detalle que ten que dar a empresa a Liberty. Nos últimos 15 días entraríase a negociar o custo da operación”, remarcou.

Preguntado sobre o estado anímico do persoal, o sindicalista afirmou que “estamos pendentes da reunión desta semana”, desexando que se dea “unha saída clara e concisa para A Mariña Lucense” e reclamando ás Administracións “que unha”, o Goberno central, “poña un marco enerxético estable” que favoreza a continuidade da industria do aluminio, “e outra”, a Xunta de Galicia, “que acompañe con diñeiro toda esa infraestrutura”.

Á ESPERA DA CONVOCATORIA DA MESA E DUNHA REUNIÓN CON LIBERTY

Ao mediodía deste luns, os traballadores agardaban a comunicación por parte de Alcoa para reunir a mesa multilateral acordada para fiscalizar o proceso de venda, e na que participan comité, sindicatos a nivel estatal, empresa e Administracións. Os obreiros tampouco recibiron por agora cita de Liberty House para coñecer a súa versión sobre a negociación coa propietaria.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...