InicioEconomíaEnce Navia aumenta a súa produción de celulosa nun 24% no segundo...

Ence Navia aumenta a súa produción de celulosa nun 24% no segundo trimestre con respecto ao ano pasado

A compañía destaca que o resultado é o froito "do investimento de 113 millóns" acometido no pasado exercicio

Publicada o

A biofábrica de Ence en Navia rexistrou un aumento na súa produción de celulosa sostible “dun 24% entre o segundo trimestre do pasado ano e o mesmo período de 2020”, segundo expuxo a empresa nun comunicado de prensa. A “notable melloría de eficiencia e competitividade” á que alude a compañía “débese ao esforzo do equipo humano de toda a planta para poñer en marcha e optimizar o último investimento de máis de 113 millóns de euros realizado nas instalacións, que se implementou o ano pasado, e que afectou á práctica totalidade dos procesos da planta“.
“Os bos resultados da biofábrica de Navia, unidos á melloría da planta de celulosa de Ence en Pontevedra, permitiron á compañía aumentar a produción de celulosa na primeira metade do ano con respecto ao primeiro semestre do ano anterior. Ademais, estes esforzos conxuntos contribuíron á redución en case un 5% do custo de produción de cada tonelada de celulosa, mellorando a competitividade das biofábricas de Ence e o seu posicionamento no mercado europeo, ao que se exporta o 94% da súa celulosa”.
Ence afirma que estes datos “destacan aínda máis tendo en conta o contexto e a situación extraordinaria causada pola crise sanitaria a nivel global” e remarca que “logrouse o sostemento do emprego e da actividade económica ao mesmo tempo que se garante a seguridade e a saúde de todas as persoas que pertencen á empresa. E todo iso, sostendo e incrementando o emprego xerado na planta de Navia, permitindo así mesmo a continuidade da actividade noutros sectores directamente relacionados, como son o forestal e o loxístico“, argumenta a compañía.

VENDA DE MADEIRA A TRAVÉS DE INTERNET DESDE A CASA

Finalmente, desde este mes de xullo, a planta naviega conta co certificado ambiental “Residuo Cero”, de AENOR pola súa eficiente xestión e valorización de subproductos, sostén Ence no comunicado de prensa. A empresa tamén concreta que no inicio do período de confinamento, publicou a web “Quédate na casa”. A través desta páxina, facilítase aos propietarios a realización completa do proceso de venda de madeira sen poñer en risco a súa saúde, ao permitir a xestión desde o domicilio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...