InicioEconomíaFCAM e Mancomunidade poñen en marcha un plan estratéxico de reactivación económica...

FCAM e Mancomunidade poñen en marcha un plan estratéxico de reactivación económica para A Mariña

Concellos e comerciantes queren analizar a situación da bisbarra para realizar propostas de captación de fondos europeos, a fin de potenciar sectores estratéxicos e estimular o emprego

Publicada o

- Advertisement -

FCAM e Mancomunidade poñen en marcha un plan estratéxico de reactivación económica para a Mariña lucense. Os presidentes de ambas entidades, José Carlos Paleo e Fran Cajoto, reuníronse en Foz para abordar este asunto.

O principal obxectivo deste proxecto é a realización dun proceso de reflexión estratéxica que sirva para definir actuacións concretas encamiñadas a acelerar a reactivación económica da Mariña, a paliar os efectos do covid-19 e os recentes peches industriais que se produciron na comarca.

Paleo subliñou que “o que queremos ter é unha visión real da situación na que se atopa A Mariña para potenciar o que xa temos e que funciona e ver a posibilidade de realizar novos investimentos. Queremos coñecer a capacidade de desenvolvemento desta zona e contar cos datos máis claros posibles de cara ás axudas que van vir”, expuxo.

PLANIFICACIÓN PARA UNHA DÉCADA

O presidente da FCAM dixo que “temos que ter unha idea moi clara e exhaustiva de todo para acceder aos Fondos Europeos, que están enfocados a determinados sectores e actividades. Temos que documentarnos para facer as propostas oportunas”, expuxo.

O plan estratéxico de reactivación económica da Mariña pretende dispoñer dunha diagnose exhaustiva da situación actual da Mariña; articular liñas de actuación, plantexando diferentes alternativas; identificar o modelo organizativo máis óptimo para os vindeiros 10 anos; así como incluír as actuacións que se vaian definindo, relacionadas co covid-19, polas diferentes Administracións públicas a todos os niveis, que puideran afectar ou influír no desenvolvemento económico, social e medio ambiental da Mariña.

O responsable da FCAM engadiu: “esperamos e desexamos que todas as Administracións participen no financiamento e no documento, así en próximas fechas manteremos reunións con consultoras para ver as propostas”.

Pola súa banda, Cajoto afirmou que “estamos nun momento crucial. A Mariña ten unha potencialidade enorme en moitos sectores e non podemos quedarnos atrás. O que precisamos é un documento que nos amose de forma clara cales son as oportunidades de inversión reais na comarca. O obxectivo sempre é un emprego estable e de calidade, que recuperemos poboación e que a inercia se volva positiva”, argumentou.

CUN OLLO EN ALCOA

Cajoto considera que “precisamos axudas de todas as Administracións para procurar un estudio serio e de calidade, para o cal manteremos reunións en próximas datas con distintas consultoras para ver as propostas e as diferentes alternativas. Ademais de consolidar a fabricación do aluminio na planta de San Cibrao, na comarca contamos con sectores con gran potencialidade como o forestal e toda a industria de transformación asociada, o eólico, o turístico ou un sector primario que ten unha gran marxe de mellora. Sen deixar de ter os pés na terra, hai que procurar sempre mellorar e avanzar”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...