InicioEconomíaA Xunta ve "perfectamente salvables" as diferenzas entre Alcoa e Liberty House

A Xunta ve “perfectamente salvables” as diferenzas entre Alcoa e Liberty House

Conde insta ao Goberno central a concretar os incentivos fiscais que solicita a potencial compradora antes de desenvolver os proxectos de renovables incluídos no seu plan industrial

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, considerou este martes que as conversas entre Alcoa e Liberty House para a venda da planta de San Cibrao son “perfectamente salvables”, pero indicou que o Goberno debe “concretar” os incentivos do prezo eléctrico.

En declaracións á prensa na Coruña, antes dun encontro con novos empresarios, o titular de Industria subliñou que desde a Xunta están traballando para “alcanzar o punto de entendemento” e esperou que Alcoa e Liberty “poidan chegar a un acordo”.

“Necesitamos que o Goberno poida concretar cales son os incentivos que vai ter Liberty para poder desenvolver a súa actividade mentres non se desenvolvan os proxectos de renovables que permitirían ese prezo máis competitivo”, pediu Conde.

Nesta liña, apuntou que, na medida en que ambas empresas poidan “salvar eses elementos de diferenza que poden ser normais nunha negociación”, e o Goberno central “poida concretar eses incentivos” desde o punto de vista o prezo eléctrico, Alcoa San Cibrao “ten que ter unha resposta e ten que ter viabilidade“.

“Desde a Xunta temos o compromiso de manter a axuda desde o punto de vista económico a través dos préstamos participativos que sexan necesarios e facilitando as tramitaciones administrativas vinculadas aos proxectos de enerxías renovables que está suscitando Liberty”, asegurou.

Nesa colaboración, agregou, desde o Executivo galego entenden que teñen “dúas semanas” para chegar a “un acordo”.

O 27, DATA LÍMITE PARA UN PREACORDO

O subministro de alúmina semella o principal punto de desacordo nas negociacións, que seguen co 27 de setembro como data límite. Mentres que Liberty House esixe un contrato de fornezo de 20 anos para afrontar con garantías os investimentos necesarios para modernizar a planta, Alcoa asegura que tal petición está “fóra do mercado” e négase a un pacto por máis de cinco. A propietaria das instalacións négase ademais a conceder un dereito preferente sobre a refinería. Comité de empresa e sindicatos como CC OO ou UGT acusaron á titular de querer “boicotear” as negociacións para pechar definitivamente o complexo industrial en 2025.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...