InicioEconomíaAlcoa rexeita a petición de Liberty House dun "dereito preferente" para a...

Alcoa rexeita a petición de Liberty House dun “dereito preferente” para a compra de Alúmina

A titular asegura que o potencial comprador quere poder de decisión para aprobar ou vetar unha posible venda da refinería, que, insiste, "non forma parte" das negociacións

Publicada o

- Advertisement -

A multinacional Alcoa emitiu este venres un comunicado no que atribúe a Liberty House que non se chegase por agora a un acordo para superar a primeira fase do proceso de venda da planta de aluminio de San Cibrao. En concreto, a titular das instalacións asegura que a potencial compradora requeriu “un dereito preferente” para a compra da planta de alúmina e poder de decisión para a “aprobación” ou o rexeitamento “calquera venda futura” da mesma. A compañía estadounidense alega que a refinería “non forma parte” das negociacións “nin tampouco do acordo” asinado cos traballadores para prorrogar ata o 28 de setembro o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado.

Segundo Alcoa, que manterá varias reunións máis con Liberty House -en principio ata o vindeiro domingo, día marcado para finalizar a primeira fase do proceso de venda, aínda que as datas dos distintos períodos non son fixas nin vinculantes-, asegura que os “temas chave” do desacordo actual “inclúen o control da refinería, o contrato de subministración de alúmina e o mecanismo para protexer aos traballadores e as futuras responsabilidades“.

SOSTÉN QUE PUXO SOBRE A MESA UN CONTRATO DE SUBMINISTRO DE ALÚMINA “POR CINCO ANOS”

Neste sentido, a propietaria, que informou este venres á mesa multilateral -coa presenza de Administracións e sindicatos- sobre a situación actual, lembra que Liberty House aceptou “un proceso de venda só para a planta de aluminio” e concreta que ofreceu “un contrato de subministración de alúmina de cinco anos en termos comerciais razoables” para “asegurar o futuro” da fábrica que si se abre a vender.

Alcoa insiste en que alúmina “non está en venda”, pero Liberty House considera esta planta estratéxica para os seus intereses, dado que non conta cunha refinería deste tipo en toda Europa. Ademais, sostivo que a separación das dúas plantas do complexo industrial supón “un risco para os dous activos”.

“AS POSTURAS ESTÁN MOI DISTANTES”, ASEGURA A PROPIETARIA

A titular do complexo industrial defende que está a traballar “dilixentemente” na “folla de termos e condicións “Termsheet” para a venda da planta de aluminio”, pero resalta que as posturas “están moi distantes” tanto nos temas referidos como “no mecanismo para protexer aos traballadores e as futuras responsabilidades”.

ALCOA SEMENTA DÚBIDAS SOBRE O PLAN INDUSTRIAL DE LIBERTY HOUSE

Así, Alcoa cuestiona o proxecto de futuro de Liberty House. “GFG Alliance -grupo ao que pertence a siderúrxica británica- non presentou ningún plan industrial para a planta de aluminio primario que indique como garantirán a viabilidade a longo prazo da planta, incluída unha solución enerxética. As nosas propostas de financiar conxuntamente o negocio para protexer aos traballadores e garantir que se cubran as responsabilidades futuras, foron rexeitadas. Seguiremos negociando de boa fe, pero somos conscientes da importancia de chegar a un acordo nestes puntos chave para acordar a folla das bases da negociación e completar a primeira etapa do proceso de venda este domingo”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...