InicioEconomíaOs obreiros de Alcoa cortan a A-6 en Outeiro de Rei: "non...

Os obreiros de Alcoa cortan a A-6 en Outeiro de Rei: “non hai outra solución que a venda”

Na conta atrás para que fructifique o traspaso, os traballadores continúan as mobilizacións para que a propietaria do complexo industrial acceda a vender a planta de Aluminio a Liberty House

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Traballadores de Alcoa cortaron o tráfico, pouco antes das 11.00 horas, na Autovía do Noroeste (A-6) á altura do municipio lucense de Outeiro de Rei, entre os quilómetros 507 e 510, para reclamar unha vez máis que chegue a bo porto o proceso iniciado para a venda da planta da planta de aluminio primario ao grupo GFG Alliance -Liberty House-.

Como noutras ocasións, formaron barricadas con pneumáticos aos que logo plantaron lume, á vez que coreaban consignas como “Enerxía, solución“, “Álvaro Dorado, primeiro ti ao paro“, “Alcoa cabrón, vende a instalación“, “as cubas non se paran“, “fóra yankees, panda de mangantes” ou “a solución, unha intervención“.

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao celebrou onte un pleno extraordinario no que ratificou a súa postura de “non aprobar outra cousa que non sexa a venda” da fábrica de aluminio primario ao GFG Alliance -Liberty House-, porque “non hai outra solución viable” que garanta o futuro da produción e dos postos de traballo.

O presidente do comité, José Antonio Zan, confirmou que esta semana continuarán “as mobilizacións“, con accións “por sorpresa” como a desta mañá, para manter a mobilización social en defensa do corazón industrial da Mariña e dos postos de traballo ata o final.

(#VÍDEO 📹) #AMariña Os traballadores de #Alcoa cortan arestora a A-6 en Outeiro de Rei para reclamar que se concrete unha venda da planta de aluminio de #Alcoa a Liberty House.

Publicada por Xornal da Mariña en Martes, 22 de septiembre de 2020

“Imos seguir loitando e facendo todo o que podamos”, dixo Zan, para que o proceso de negociación para a venda da fábrica chegue a bo porto e se garanta por parte da empresa compradora o cento por cento da produción e o mantemento dos postos de traballo “para moitos anos”.

Confirmou que nestes momentos estanse producindo “reunións ao máis alto nivel, entre o Goberno de España e Alcoa”, polo que opina que a multinacional norteamericana debera aceptar a mediación do Executivo e “levar a bo termo esta venda”.

SEIS DÍAS POR DIANTE PARA CONCRETAR A OPERACIÓN

De non concretarse unha venda como moi tarde o domingo 27 de setembro, a titular das instalacións e os sindicatos retomarían o día 28 o período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola propietaria.

A multinacional estadounidense insistiu en acusar á potencial compradora de frear o proceso, mentres que os sindicatos -comité, CC OO, CIG e UGT- coincidiron en atribuír a Alcoa “mala fe” nas negociacións. A Xunta de Galicia urxiu tamén á propietaria a axilizar o proceso de venda, e o Goberno central ofreceu unha mediación que foi rexeitada pola titular das instalacións.

FOLGA NAS AUXILIARES

Pola súa banda, a plataforma que agrupa aos traballadores das empresas auxiliares tomou a decisión de iniciar mañá unha folga indefinida.

O seu voceiro, Kike Rocha, recordou que os traballadores das contratistas correrán a mesma sorte que os do persoal se pecha a fábrica de aluminio primario, de modo que “non se perderán cincocentos, senón 1.000 postos de traballo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...