A sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) celebrará o vindeiro mércores 28 de outubro unha vista para substanciar a petición de medidas cautelares para paralizar o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola multinacional.
As centrais sindicais CIG, CC OO e UGT, xunto ao comité de empresa da factoría da Mariña, pretenden impedir con estas medidas cautelares que a multinacional inicie o proceso de parada das cubas de electrólise.
Respecto diso, Losada instou á empresa a facilitar que outros investidores poidan asumir a actividade trala súa decisión de non manter a fabricación de aluminio primario na planta de Cervo.
Así, lembrou que a compañía está “en débeda con Galicia e con España” polos “millóns e millóns de subvencións” que recibiu de ambos os Executivos para levar a cabo a súa actividade.
En todo caso, garantiu o compromiso do Goberno central para manter o emprego e facer “todo o posible” para buscar investidores. “Espero que recapacite, que deixe de ser o can do hortelano e cheguemos a bo fin”.