InicioEconomíaA plataforma sanitaria chama a participar na manifestación pola intervención de Alcoa

A plataforma sanitaria chama a participar na manifestación pola intervención de Alcoa

O colectivo anima á veciñanza da Mariña a apoiar a marcha do vindeiro sábado en Lugo, dado que perder a industria do aluminio significaría a "desertización industrial e a emigración"

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña amosou este mércores o seu apoio aos traballadores de Alcoa San Cibrao para a manifestación convocada para o vindeiro sábado en Lugo, a fin de reclamar a intervención pública da planta de aluminio, e chamou á veciñanza da bisbarra a participar no acto reivindicativo.

Despois de que Alcoa anunciase que aplicará un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía 524 despedimentos na factoría de aluminio primario e outros alomenos 400 na industria auxiliar, ademais da parada das cubas de electrólise, os traballadores seguen coas mobilizacións.

O xoves escenificarán fronte á oficina do servizo público de emprego de Burela o impacto sociolaboral que suporía para a comarca da Mariña a perda de arredor dun milleiro de postos de traballo, e o sábado levarán a súa loita a Lugo, onde farán unha manifestación para a que piden o apoio da bisbarra e da provincia.

UNHA INDUSTRIA “ESTRATÉXICA”

Neste sentido, integrantes da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña mantiveron unha reunión co comité de empresa trala que expresaron o seu apoio ás reivindicacións da industria do aluminio, unha actividade “estratéxica. Non se entendería que Xunta e Estado permitisen que unha multinacional que se estivo a beneficiar durante moitos anos de subvencións libres de polvo e palla, sen facer practicamente investimentos, fixera efectiva unha fuxida previa parada das cubas, deixando na rúa a preto dun milleiro de familias e cun impacto brutal sobre a economía da bisbarra”, argumenta o colectivo.

Deste xeito, os activistas sanitarios fan un chamamento á veciñanza da comarca para que acuda á manifestación que o vindeiro sábado día 24 sairá ás 11.00 horas do edificio multiusos da Xunta de Galicia, en Lugo, e rematará diante da subdelegación do Goberno central.

SANIDADE E INDUSTRIA FORON OBXECTO “DOS AGRAVIOS MÁIS BRUTAIS”

“O futuro da comarca depende, en gran medida da permanencia desta industria, pois debemos lembrar que representa preto do 30% do PIB da provincia, e xenera milleiros de empregos directos e indirectos na Mariña. Perder esta industria significaría a desertización industrial da comarca, obrigando a gran parte da poboación á emigración“, lembra a plataforma, expuxo a coordinadora da plataforma, Montse Porteiro.

“Temos que continuar a pelexar man con man pola actividade industrial da Mariña e por una sanidade pública digna e de proximidade, posto que tanto unha como a outra foron os obxectivos dos agravios máis brutais destes últimos anos”. No mesmo sentido manifestouse o portavoz do colectivo sanitario, Víctor Vila, quen engadiu que “A Mariña sálvase loitando e unida, ben sexa na sanidade, na industria o nas reivindicacións sobre infraestruturas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...