InicioEconomíaA Xunta non desbota a intervención pero insiste en que a venda...

A Xunta non desbota a intervención pero insiste en que a venda é “a mellor saída para todas as partes”

Conde concretou que o Goberno autonómico persoarase na vista de cautelares e acompañará os obreiros na impugnación do ERE

Publicada o

- Advertisement -

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, defendeu esta tarde no Parlamento galego que “a mellor saída para todas as partes” é que Alcoa acepte a venda da planta de aluminio primario de San Cibrao.

O Parlamento galego aprobou hoxe demandar ao Goberno central a intervención pública temporal de Alcoa para a súa posterior venda a un investidor privado.

DI QUE ALCOA DEBERÁ CUMPRIR “CON TODAS AS OBRIGAS DE CARÁCTER MEDIOAMBIENTAL”

Conde sinalou que “non se desbota ningunha medida administrativa ou xudicial para reverter a decisión unilateral da compañía”, que, subliñou, “prexudica a todas as partes”, incluída a propia Alcoa. Así, parar as cubas de electrólise e deixar de producir aluminio primario na Mariña “non só lle suporía á empresa abonar os gastos polos despedimentos; senón que esta tería que devolver 50 millóns de euros polas axudas recibidas en compensación dos custos por emisións de CO2, xa requiridas polo Ministerio de Industria; e facer fronte a todas as obrigas de carácter medioambiental“, argumentou.

ONCE ADVERTENCIAS DE TRABALLO

Conde informou de que a Xunta persoarase na vista do 28 de outubro que se celebrará no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para sustanciar a petición de medidas cautelares coa fin de paralizar o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) a 524 traballadores de Alcoa San Cibrao.

En resposta a senllas preguntas do PPdeG e PSdeG no pleno do Parlamento galego, Conde subliñou que o Goberno galego “acompañarán aos traballadores na impugnación do ERE”.

Ademais, defendeu o “traballo ímprobo e fundamental” da autoridade laboral para que “nestes momentos a impugnación do ERE poida dar lugar a demostrar que Alcoa desenvolveu un traballo de mala fe durante todo o proceso”.

E é que expón que o Goberno galego, como autoridade laboral, realizou 10 advertencias e unha última comunicación, polo “non é razoable pór en dúbida que a Xunta asumiu e desenvolveu as súas competencias en materia laboral”.

RECLAMA A APROBACIÓN DO ESTATUTO DAS ELECTROINTENSIVAS

“Tamén é necesario contar cun prezo eléctrico competitivo que garanta o futuro da industria electrointensiva”, expuxo Conde, alegando que “este sector paga en España por riba de 45€/MWh, máis do dobre fronte aos 21,73 de Francia e os menos de 20 en Alemaña. Neste sentido, é preciso que o Goberno presente un marco enerxético estable no que inclúa a aprobación canto antes do Estatuto do consumidor electrointensivo, e a ampliación das compensacións polos custos indirectos de CO2″.

Conde, que unha vez máis reiterou que “a unidade de acción” será “determinante” para “acadar a mellor solución posible”, salientou que a Xunta “avanza na defensa da industria electrointensiva galega” a través da súa declaración como sector esencial e estratéxico. “Grazas a esta declaración, terán prioridade os proxectos de ampliación, modernización ou transformación destas empresas en Galicia, reducindo á metade os prazos de tramitación sempre que cumpran todas as esixencias desde o punto de vista lexislativo, técnico e ambiental”, conclúen desde o Goberno autonómico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...