InicioEconomíaExpectación nas plantas de Alcoa ante a reunión convocada polo Goberno para...

Expectación nas plantas de Alcoa ante a reunión convocada polo Goberno para este martes

Os obreiros manteñen as protestas á espera do resultado da xuntanza, na que participarán sindicatos, administracións e representantes da empresa

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores de Alcoa na Coruña manteñen a súas protestas á espera da reunión que o Goberno central manterá, na tarde deste martes, con representantes dos sindicatos, da Xunta de Galicia, do Principado de Asturias e da propia multinacional do aluminio.

Tras anunciar a empresa o peche das fábricas da Coruña e Avilés, que afectaría a 369 e 317 obreiros respectivamente, os operarios emprenderon un programa de mobilizacións que continúa na factoría coruñesa.

Os traballadores están a manter a produción “coas mesmas garantías”, segundo expón o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, pero non deixan saír camións con mercancía do complexo industrial.

O sindicalista sinala que hai un “retén” de traballadores nos accesos da fábrica, ao que se suman as concentracións que de luns a xoves, pola tarde, manterán ante a instalación, con “queima de pneumáticos” para visibilizar a súa situación.

Pola súa banda, os obreiros de Avilés concentráronse de novo na tarde deste luns diante da fábrica de San Balandrán.

PIDEN UN “MARCO ENERXÉTICO ESTABLE”

Os traballadores -tamén os de San Cibrao, aínda que a planta cervense estea á marxe dos procesos de despedimento colectivo-, están expectantes ao primeiro contacto previsto para este martes, na sede do Ministerio de Industria

O presidente do comité de empresa na Coruña reclamou de novo ás administracións, de cara á reunión, unha “solución” que ofreza “seguridade para que sigamos traballando”.

O establecemento dun marco enerxético estable é a reivindicación dos traballadores, como única garantía de que as factorías ameazadas podan seguir a ser competitivas.

A EMPRESA VARIOU O SEU DISCURSO

Alcoa, pola súa banda, mantén que o prezo da tarifa eléctrica -que supón o 40% dos gastos de produción– non é a causa do peche das fábricas, senón a perda da competitividade debido a unha “tecnoloxía menos eficiente”.

A multinacional variou o seu discurso doutras ocasións, nas que condicionou o mantemento dos postos de traballo a acadar unha rebaixa dos seus custos enerxéticos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...