InicioEconomíaO comité calcula que Alcoa perderá "máis de 150 millóns" se a...

O comité calcula que Alcoa perderá “máis de 150 millóns” se a folga segue ata final de ano

O comité segue á espera de novas do Goberno e da multinacional, a quenes empraza a dar unha solución negociada ao conflito laboral aberto polo ERE en aluminio

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, calculou que a multinacional americana deixará de facturar a finais deste ano 2020 “máis de 150 millóns de euros” no marco da folga indefinida do persoal, que se mantén desde o día 4 do pasado mes de outubro.

Estas “non ganancias” son consecuencia do paro que vai para mes e medio e que se manterá ata máis aló do 3 de decembro, que é cando o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) fixou o xuízo sobre o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) a 524 traballadores da factoría de aluminio, unha medida que podería supoñer outros 400 despedimentos na industria auxiliar.

Zan sinalou que de momento “non se puxo ninguén” en contacto coa representación laboral, “nin empresa, nin tampouco o Goberno” central. O sindicalista puxo o acento na “repercusión” que está tendo o paro “nas contas da empresa” por non dar saída “ao material que está dentro da planta”.

Así, cifra en 50 millóns de euros o que se deixaría de ingresar cada mes, que a final de ano poderíanse traducir en “máis de 150″ millóns de euros.

“Ese é diñeiro que non se factura. Nós temos que seguir producindo, non se produce aluminio para vender, só producimos para que non se paren as cubas e polo tanto a actividade”, recordou.

PENDENTES DA VÍA XUDICIAL

O comité ofreceu a Alcoa levantar a folga se accedía a retirar o despedimento colectivo e negociar unha venda da planta, dado que a siderúrxica británica Liberty House mantén o interese na factoría e o Estado ofreceuse a negociar. A negativa da empresa na mesa multilateral parece abocar o conflito laboral, polo momento, á vía xudicial, dado que as Administracións non semellan dispostas a unha intervención da planta alomenos antes da sentenza.

A multinacional recibiu un primeiro revés nos xulgados, o auto do TSXG que lle impide parar as cubas de electrólise. A compañía presentou recurso contra o fallo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...