InicioEconomíaO comité cre que o "novo pau" xudicial debe facer a Alcoa...

O comité cre que o “novo pau” xudicial debe facer a Alcoa “reflexionar”

Os sindicatos cren que o auto que ratifica a prohibición de parar as cubas de electrólise dálles "a razón" no conflito laboral, porque de apagarse a maquinaria "non volvería arrincar nunca"

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, valorou a nova resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) na que desestima o recurso presentado pola multinacional contra a medida cautelar que lle impide parar as cubas de electrólise.

Desde o seu punto de vista, trátase dun “novo pauxudicial á postura que mantivo desde o principio a multinacional, o “segundo”, logo da resolución da cautelar na que se prohibía expresamente a Alcoa apagar as cubas de San Cibrao, polo que a multinacional debera “reflexionar“.

Zan afirmou que é “imprescindible” que as cubas de electrólise sigan funcionando na planta de aluminio primario de San Cibrao e saudou a decisión xudicial, xa que “ese é o camiño”.

Ademais, reiterou o seu desexo de poder “demostrar” no xuízo deste xoves -día 3 de decembro- pola demanda contra o proceso de despedimento colectivo, que tamén vai celebrarse no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) suscitado por Alcoa “non ten sentido ningún“, porque non está xustificado.

Zan insistiu en que o prezo do aluminio subiu, mentres que o prezo da luz está moi baixo, polo que a planta de produción da Mariña “non perde diñeiro”.

“Ímolo demostrar no xuízo. Este é o camiño a seguir”, dixo Zan, quen tamén confirmou que “os servizos xurídicos estano preparando a pleno rendemento”.

AS CENTRAIS VALORAN QUE O TSXG VEXA A PLANTA “ESTRATÉXICA”

O presidente do comité considera significativo ademais que o TSXG considere a planta de aluminio como “estratéxica“, dado que de pechar “produciría un innegable e importante impacto social pola súa importancia para A Mariña. Isto parécenos moi importante e cremos que nos dá a razón no fondo do asunto“, expuxo. O persoal e os sindicatos por unha banda e a compañía por outro manteñen aberto un conflito laboral desde hai meses, debido á intención da multinacional de deixar de producir aluminio e a súa negativa a vender a factoría a outro investidor.

ALCOA ACTUOU “DE MALA FE”, INSISTEN OS OBREIROS

“Cremos que Alcoa desde un primeiro momento actuou de mala fe. Sabía que aplicando a parada das cubas pecharía a fábrica e non volvería arrincar nunca máis“, destacou José Antonio Zan. “É o que tentou desde o principio”, apostilou.

Por iso mostrouse “moi contento” con este auto e apostou por “seguir así” na loita que o persoal exerce pola pervivencia da fábrica.

Zan insistiu en que o prezo do aluminio subiu, mentres que o prezo da luz está moi baixo, polo que a planta de produción da Mariña “non perde diñeiro”.

“Ímolo demostrar no xuízo. Este é o camiño a seguir”, dixo Zan, quen tamén confirmou que “os servizos xurídicos estano preparando a pleno rendemento”.

O XUÍZO DO DESPEDIMENTO COLECTIVO, ESTE XOVES, RETRANSMITIRASE EN STREAMING

Por outra banda, tamén afirmou estar “contento” por que o TSXG accedese a retransmitir por ‘streaming‘ o xuízo que se celebrará este xoves día 3 pola demanda contra o despedimento colectivo na planta, algo que ve “lóxico” para que sexa “público. Nós non temos nada que ocultar”, remarcou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...