IniciosociedadeO acto de conciliación conclúe sen acordo entre Alcoa e sindicatos

O acto de conciliación conclúe sen acordo entre Alcoa e sindicatos

A sé do TSXG acollerá desde este xoves o xuízo pola impugnación do despedimento colectivo presentado pola multinacional na planta de aluminio

Publicada o

- Advertisement -

A multinacional Alcoa e os sindicatos –CC OO, CIG e UGT– que impugnaron o expediente de regulación de emprego (ERE) presentado pola compañía estadounidense na planta de aluminio de San Cibrao non chegaron a un acordo no acto de conciliación deste xoves, polo que en minutos comezará na sé do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o xuízo polo despedimento colectivo.

Os traballadores agardaban que o Goberno central fixese “unha última oferta” á multinacional, á que demandaban rectificar na súa intención de despedir a 524 traballadores da fábrica de aluminio, ademais de parar as cubas de electrólise. Estas medidas terían tamén un impacto noutros 400 empregos da industria auxiliar, segundo estiman os sindicatos.

Coa falta de acordo queda “remarcada aínda máis, dentro do propio xulgado, a mala fe de Alcoa de negarse a vender a fábrica por razóns espurias e intereses particulares”, sostivo o presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan.

Trátase da segunda vista oral celebrada no alto tribunal galego en relación coa situación da planta de Alcoa San Cibrao, dado que previamente celebrouse outra para avaliar as medidas cautelares solicitadas polos sindicatos. A Sala do Social do TSXG deulle a razón á parte social impedindo á empresa parar as cubas -non así executar os despedimentos-, unha decisión que vén de ratificar trala presentación de recurso por parte da compañía.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...