InicioEconomíaO comité cre que o xuízo "desmontou punto por punto as mentiras"...

O comité cre que o xuízo “desmontou punto por punto as mentiras” de Alcoa

Os traballadores consideran demostrado que, en contra das causas esgrimidas para o ERE, o prezo do aluminio "está máis alto ca nunca" e a tarifa eléctrica é a máis barata dos últimos anos

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, confía nunha resolución favorable no xuízo pola demanda contra o proceso de despedimento colectivo suscitado pola multinacional, que onte se celebrou no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), porque Xunta, Goberno de España e sindicatos “despuntaron as mentiras” da compañía.

“Desmantelamos punto por punto a falsidade do expediente de regulación de emprego (ERE) de Alcoa”, dixo Zan, quen recordou que, en contra das cifras presentadas polos avogados da multinacional no xuízo, o prezo do aluminio “está máis alto que nunca” e a tarifa polo fornezo eléctrico é a máis barata dos últimos anos.

Desde o seu punto de vista, os “avogados dos sindicatos” fixeron “un bo traballo” no xuízo, do mesmo xeito que a representación legal das institucións, especialmente á hora de explicar o que sucedeu co proceso de venda da factoría, que non chegou a callar.

AGARDAN QUE A RESOLUCIÓN CHEGUE ANTES DE NADAL

O presidente do comité opina que o xuízo “saíu ben” e confía nunha resolución “positiva” para os traballadores, en concreto nunha suspensión do ERE que afecta a 524 empregados da planta de aluminio primario, e que implicaría a parada das cubas de electrólise, e tamén a perda doutros alomenos 400 empregos na industria auxiliar.

En canto aos prazos, espera que a resolución xudicial chegue antes de Nadal, para que os traballadores poidan pasar máis “tranquilos” as festas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...