InicioEconomíaAlcoa suxire un posible recurso ante o Supremo: "a necesidade de reestruturar...

Alcoa suxire un posible recurso ante o Supremo: “a necesidade de reestruturar Aluminio persiste”

A empresa afirma que creu actuar "de boa fe e en pleno cumprimento da lei" co despedimento colectivo que os maxistrados botaron abaixo, precisamente, por "mala fe"

Publicada o

- Advertisement -
Alcoa asegurou que estudará a sentenza que declara nulo o expediente de regulación de emprego (ERE) que quería aplicar para a planta de aluminio de Cervo, aínda que avanza que “a necesidade de reestruturala persiste”. A “reestruturación” da fábrica á que alude a multinacional supuña na práctica a clausura das cubas de electrólise e 524 despedimentos na factoría, aos que segundo os sindicatos habería que engadir outros alomenos 400 indirectos nas empresas auxiliares.

“OS PROBLEMAS ESTRUTURAIS PERSISTEN”, ASEGURA

“Os importantes problemas estruturais e permanentes continúan“, advirten fontes da multinacional estadounidense do aluminio, consultadas tras tombar a xustiza o despedimento colectivo que pretendía para 524 traballadores.

Así mesmo, a empresa reitera que cre actuar “de boa fe e en pleno cumprimento da lei” co expediente de regulación que os maxistrados botaron abaixo, precisamente, por “mala fe”. “Estamos a revisar o fallo do tribunal para determinar os próximos pasos”, insiste Alcoa.

SÓ CABE RECURSO DE CASACIÓN CONTRA O SUPREMO

Previamente, os maxistrados xa impuxeran medidas cautelares que impedían á compañía a paralización das cubas de electrólise, unha medida que se consolida coa actual sentenza, xa que a súa efectividade dependía da declaración do ERE como nulo.

Contra a sentenza, segundo concreta na mesma o propio TSXG, só cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

CRÍTICAS AO ESTATUTO

As mesmas fontes de Alcoa consultadas amosáronse críticas co estatuto do consumidor electrointensivo aprobado o pasado martes polo Goberno central, e publicado este martes no Boletín Oficial do Estado (BOE), que ao seu xuízo é “insuficiente” pois “non ofrece certeza sobre un prezo da enerxía competitivo e non dá a solución que a industria do aluminio primario en España necesita. Ábrese a porta a que a compensacións por custos de emisións indirectas de CO2 poida reducirse como o fixo no 2020, ata nun 75% fronte ás cantidades autorizadas pola Comisión Europea“, argumentan as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...