InicioEconomíaAlcoa "considera os pasos" mentres o Goberno e a Xunta a chaman...

Alcoa “considera os pasos” mentres o Goberno e a Xunta a chaman a negociar unha venda

A multinacional cifra en "dez millóns de dólares" o impacto da folga indefinida xusto no día no que os obreiros lle ofrecen de novo levantar o paro a cambio de que negocie unha saída

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa deu este venres por primeira vez a súa versión sobre o custo da folga indefinida que os traballadores están a realizar no complexo industrial de San Cibrao. Nun comunicado aos seus accionistas, no que explica que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) tombou o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que pretendía, a compañía cifra “o impacto negativo” do paro en Alúmina e Aluminio, iniciado a principios do pasado mes de outubro, en “dez millóns de dólares“.

A comunicación produciuse horas antes de que o comité de empresa ofrecese de novo levantar o paro en Alúmina e Aluminio se a compañía negocia unha venda e renuncia a presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo. Ata o de agora, consultadas en varias ocasións, fontes da multinacional non quixeran pronunciarse sobre as cifras expostas polos sindicatos, que calcularon en “150 millóns” as perdas que a compañía podería sufrir ata final de ano.

Tampouco o fixeron nos sucesivos xuízos  polo conflito laboral, alegando unicamente que o paro suporía “agravar as perdas” coas que tentou argumentar a parada das cubas e o despedimento colectivo.

Na nota, Alcoa, condenada a desistir do ERE por “mala fe“, insiste en que negociou o despedimento colectivo “de boa fe” e “en pleno cumprimento da lei”, e cuantifica de novo os gastos do ERE “entre 35 e 40 millóns de dólares”. A multinacional afirma que tralo novo revés xudicial está a “considerar os seguintes pasos” para a planta de aluminio.

“ESTAMOS ABERTOS A UNHA SOLUCIÓN NEGOCIADA”, DIN AS ADMINISTRACIÓNS

Alcoa optou por non executar os despedimentos á espera da decisión dos tribunais, polo que retirado o ERE non terá ningún traballador que readmitir. Ante a resolución do TSXG, a ministria de Industria, Reyes Maroto, reiterou que o Goberno está “aberto a alcanzar unha solución negociada que manteña as capacidades industriais da Mariña”, apuntou na súa conta de Twitter.

Pola súa banda, o conselleiro de Industria, Francisco Conde, expuxo que “estamos nunha nova fase dun conflito innecesario; só esperamos que a multinacional volva á negociación para manter os empregos e a produción”, o que pasa pola “venda”, aínda que referiuse novamente á posibilidade dunha “intervención” se a compañía non rectifica.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...