InicioEconomíaRego insiste desde San Cibrao en que a intervención é a "única...

Rego insiste desde San Cibrao en que a intervención é a “única solución definitiva” para o aluminio na Mariña

O deputado do BNG no Congreso amosou o seu apoio á folga dos traballadores e cifrou "en 150" os operarios afectados pola negativa da empresa a reactivar ao 100% a produción

Publicada o

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, mantivo este martes unha reunión con representantes do comité de Alcoa e dos sindicatos das empresas auxiliares para valorar a situación do complexo industrial e das contratistas despois da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que declara nulo o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado na planta de aluminio. O congresista dos nacionalistas reclamou unha vez máis “a intervención pública” da factoría, xa que o fallo do Alto Tribunal galego “dá máis marxe”, pero “non é a solución definitiva” para a continuidade da produción e dos postos de traballo.

Rego considerou que a expropiación do complexo industrial “continua sendo necesaria” ante a posición de Alcoa, que recorreu o fallo ante Tribunal Supremo e que por agora non reactivou “toda a produción. Vimos de saber que unhas 150 persoas ou perderon ou viron modificadas as súas condicións de traballo: ben sexan eventuais, despedidos ou operarios en Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE)“. Así o denunciou este mesmo martes a plataforma que coordina a representación sindical nas contratistas.

“Se a sentenza é unha boa decisión, non é a solución definitiva, que ten que vir da man das Administracións públicas: Goberno central e Xunta de Galicia”, argumentou.

Neste contexto, Rego amosou a “disposición a seguir coas iniciativas que sexan necesarias, reclamar a intervención ao Ministerio de Industria; e tamén a Alcoa que reactive toda a produción para garantir que non se perden máis postos de traballo”. Así mesmo, apoiou a folga indefinida mantida no complexo desde outubro, dado que, “precisamente, a presión laboral que existe na Mariña e a presión política que se vai facer é que vai conseguir dobregar a Alcoa e que se execute a intervención”.

A FORMACIÓN FRONTISTA PRESENTARÁ UNHA MOCIÓN PARA MELLORAR O ESTATUTO DAS ELECTROINTENSIVAS

O deputado do BNG lembrou “as iniciativas que viñemos presentando nas distintas institucións, como o Congreso ou o Parlamento de Galicia, fosen proposicións non de lei, preguntas ou emendas aos Orzamentos Xerais do Estado (por 200 millóns de euros) -rexeitada finalmente- e da Xunta (por 20 millóns) para unha hipotética e esperamos que posible intervención pública de Alcoa”.

Rego manifestou tamén que o estatuto do consumidor electrointensivo que vén de aprobar o Goberno “non supón unha solución” para o sector industrial galego e anunciou que o BNG presentará propostas para melloralo na mesma liña que as alegacións presentadas no seu día ao proxecto.

A MARIÑA SAE “PREXUDICADA” POLO ACORDO DO BREXIT

Por outra parte, o deputado nacionalista destacou que outro dos piares económicos fundamentais da Mariña “é a pesca, e acabamos de ver como a comarca sae novamente prexudicada do acordo entre o Reino Unido e a Unión Europea. O BNG traballará neste ámbito para defender a nosa pesca e así garantir o seu futuro evitando que A Mariña estea en constante crise social e económica”, finalizou.

Acompañaron a Rego o deputado do BNG no Parlamento galego, Daniel Castro; a deputada provincial nacionalista Mónica Freire; a responsable comarcal e rexedora de Barreiros, Ana Ermida, así como representantes municipais da formación frontista en Cervo e Xove.

O COMITÉ DI QUE A MELLOR GARANTÍA DE “VIABILIDADE” DA FÁBRICA É QUE O GOBERNO ENTRE NO ACCIONARIADO

Finalmente, o presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, agradeceu o apoio do BNG a unha intervención temporal da planta, “que sexa de acordo con Alcoa a través da SEPI ou unilateralmente”, debera derivar “en que o Goberno se quede con parte desas accións, porque sería a mellor maneira de garantir a actualización e viabilidade da fábrica”.

“A loita que emprendemos non é só por salvar unha industria, senón unha comarca, porque coa Covid-19 sería imposible retomar o aluminio primario noutro lado, así como emigrar e encontrar un traballo parecido”, valorou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...