O comité cita a Alcoa o luns para renegociar as condicións que permitan iniciar un proceso de venda

Na anterior xuntanza, a multinacional rexeitou a proposta dos sindicatos dunha suspensión por sete semanas da folga a cambio de negociar coa SEPI e garantir as instalacións

Traballadores de Alcoa, nunha protesta en Viveiro. DIEGO ALONSO COBELO

O comité de empresa de Alcoa informou nas últimas horas do pasado venres de que convocou á multinacional para unha reunión o vindeiro luns, a fin de abordar as condicións para propiciar o inicio do proceso de negociación da venda da planta de aluminio á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).

Na anterior xuntanza, a representación dos traballadores ofreceu a suspensión durante sete semanas da folga indefinida iniciada no complexo industrial o pasado mes de outubro, a cambio de ter garantías sobre o bo estado das instalacións, para o que requeriu contratar persoal e reactivar a brascaxe das cubas. Alcoa rexeitou o levantamento temporal do paro e as peticións formuladas polo persoal, agás a de posibilitar a fiscalización do proceso de venda e a de incorporar arredor duns 40 eventuais pendentes do contrato de relevo acordado desde febreiro de 2019.

O comité concreta nunha nota de prensa que comunicou á SEPI, a terceira parte implicada no proceso, as propostas tanto de Alcoa como dos sindicatos. Tanto a multinacional como as centrais acordaron que, unha vez dado este paso, se volverían reunir.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here