Alcoa acepta a convocatoria e reunirase cos traballadores este luns para explorar unha posible venda

A reunión terá lugar ás 10.00 horas este luns de forma telemática

Instalacións de Alcoa en San Cibrao. EFE/Eliseo Trigo

Alcoa e traballadores da panta de Cervo manterán un novo encontro este luns por vía telemática para explorar a posible venda da factoría mariñá tralo fracaso da reunión celebrada esta semana.

O encontro producirase despois de que a dirección da compañía aceptase a invitación formulada polo comité de empresa, que foi o encargado de confirmar que a reunión terá lugar ás 10.00 horas este luns de forma telemática.

Este novo contacto entre dirección e persoal producirase catro días despois de que ambas as partes se comprometeran a volver sentar proximamente, unha vez se propuxesen as propostas de cada unha en coñecemento da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), como parte implicada no proceso.

O pasado xoves, o encontro para tratar de avanzar nas negociacións da venda da fábrica, o que para a multinacional debe pasar pola desconvocatoria da folga indefinida, terminou sen acordo.

Os representantes dos traballadores ofreceron “paz social temporal” desconvocando o paro durante sete semanas para tentar chegar a esa solución, coa SEPI como axente disposto a funcionar como intermediador na venda da fábrica da Mariña a Liberty House.

A compañía, pola súa banda, trasladou “a súa disposición a explorar de novo a venda da planta de aluminio de San Cibrao á SEPI, tal e como viñeron demandando o Goberno e os representantes dos traballadores, na medida en que a folga se desconvoque”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here