InicioEconomíaO comité acorda unha "contraproposta" que remitirá a Alcoa "para que negocie...

O comité acorda unha “contraproposta” que remitirá a Alcoa “para que negocie unha venda”

Os avogados de CC OO, CIG e UGT valorarán previamente o documento, "dada a situación xurídica" do conflito laboral, no que a empresa mantén o recurso contra a nulidade do ERE

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao emitiu este mércores un comunicado de prensa no que indica que, trala celebración do pleno extraordinario no que abordou a oferta da multinacional, acordou unha “contraproposta” para pactar unhas condicións que posibiliten un proceso de venda da planta de aluminio, onde a compañía presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía máis de 900 despedimentos entre a factoría e a industria auxiliar, ademais do apagado das cubas de electrólise.

Na nota, o comité expón que, “debido a que continuamos nun proceso de ERE do que Alcoa se nega a desistir, acordamos unha proposta que leve a un acordo definitivo para que (a empresa) se sente a negociar unha venda coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI)“.

“Dada a complexidade do proceso xurídico no que nos atopamos”, indica o comité -o ERE  presentado na planta foi declarado nulo polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), pero Alcoa recorreu o fallo ante o Supremo-, “antes de enviar dita proposta, será valorada polos avogados de todos os sindicatos”.

Alcoa anunciouse disposta a “explorar” unha venda da planta na que presentou o despedimento colectivo, a condición de que os traballadores levantaran a folga indefinida que manteñen no complexo industrial desde o pasado mes de outubro. Días antes, a multinacional rexeitou ofertas da siderúrxica británica Liberty House e da propia SEPI, entre acusacións -por parte dos sindicatos e das Administracións, Xunta de Galicia e Goberno central- dunha “mala fe” negociadora que o TSXG tamén percibiu na súa sentenza.

Os traballadores, a cambio de suspender a folga, pedían a Alcoa garantías sobre o estado das instalacións, coa contratación do persoal suficiente, o non apagado de series e a reactivación da brascaxe, o cambio das cubas que chegan á fin da súa vida útil.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...