InicioEconomíaOs obreiros de Alcoa na Coruña levan o conflito a San Cibrao,...

Os obreiros de Alcoa na Coruña levan o conflito a San Cibrao, “o corazón” da multinacional

O comité de empresa cervense concentrouse cos seus compañeiros á entrada da planta

Publicada o

- Advertisement -

Uns 200 obreiros de Alcoa na Coruña trasladaron a folga convocada desde a noite do pasado xoves á planta de San Cibrao da multinacional do aluminio, onde se concentraron contra o ERE de extinción proposto pola empresa para as factorías coruñesa e avilesina.

O presidente do comité de empresa de Alcoa A Coruña, Juan Carlos López Corbacho, “quixemos facernos visibles no corazón da multinacional, desde donde se distribúe todo o metal de Europa, e incluso o que vén de Arabia Saudí, da fábrica de Ma’aden“.

Os obreiros da Coruña continuaron coas mobilizacións á espera de que comece o período de negociación do ERE extintivo, que se iniciará de forma colectiva -para as plantas asturiana e coruñesa- o 4 de decembro.

López Corbacho asegurou que seguirán as protestas, “dado que a reforma laboral nos deixa con poucas opcións. Tentaremos facer a presión necesaria para conservar os empregos”, indicou.

O sindicalista adiantou que “o luns teremos un acto importante na Coruña“, aínda que non concretou cal, e avanzou que “tentaremos tamén realizar actos conxuntos cos compañeiros de Avilés e tamén de San Cibrao”.

López Corbacho instou ao Goberno central a intervir para “protexer á industria electrointensiva” e afirmou que “teñen as ferramentas para facelo”, en alusión ao artigo 128.2 da Constitución.

“Somos un tecido estratéxico e de futuro e no que está claro que hai un monopolio, de xeito que o Executivo ten que darnos vida máis alá de Alcoa”, sostivo.

APOIO DO COMITÉ SANCIBRENSE

Os traballadores levaron a cabo a concentración sen ningún tipo de incidente. O comité de empresa de San Cibrao concentrouse cos seus compañeiros, un xesto que Corbacho agradeceu. “Están aquí apoiándonos e na dinámica de estar ao noso lado”, indicou.

O presidente do comité da planta sancibrense, Xosé Paleo, reiterou que “a solución pasa por conseguir unha tarifa eléctrica para as tres plantas de Alcoa no Estado. Agora mesmo non estamos ameazados, pero San Cibrao non tardará en estar metida neste problema se non hai unha solución para a enerxía“, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...